Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xaneiro de 2023

A Banda Municipal de Música da Coruña achégase á figura de Pablo Picasso nun concerto temático no que a artista Pilar Franco creará pinturas sobre as táboas

A actuación terá lugar este domingo 29 no Teatro Colón, a partir das 12.15 horas. A sesión será de acceso libre ata completar a capacidade do recinto

O Teatro Colón acolle este domingo 29, desde as 12.15 horas o segundo dos concertos programados no Ciclo de Inverno da Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC), unha actuación na que a agrupación se adentrará na Celebración Picasso 1973-2023, achegándose á figura do artista malagueño, que pasou parte da súa infancia na cidade.

O 'Concerto Picassiano' levarase a cabo en dous actos, baixo un formato moi específico no que cobrará protagonismo a artista pontevedresa Pilar Franco, pintora, que acompañará sobre as táboas a BMMC creando escenas pictóricas asociadas ás pezas musicais, todas elas dedicadas a Picasso.

"Levaremos a cabo un percorrido pola obra de Picasso con música que describe as súas etapas artísticas. Farémolo tamén de forma plástica, grazas ao papel de Pilar Franco, que ilustrará tres das obras que imos interpretar", detalla Juan Miguel Romero Llopis, director titular da Banda Municipal de Música.

O concerto comezará coa peza 'Pablo', que describe as fases artísticas de Picasso baixo unha composición de corte biográfico. Continuará a actuación con 'Pinazo', na que Pilar Franco dará forma a unha pintura de libre interpretación que suporá a antesala do segundo acto. 'Guernica', a terceira das pezas musicais previstas neste concerto, inspirada nunha composición de Jan Hadermann, "reflicte aquel momento fatídico do ano 1937". 

O programa do concerto pecharase coa segunda suite do 'Sombrero de tres picos', un ballet de Manuel de Falla ao que lle puxo coreografía Serge Diaghilev "e no que Pablo Picasso tomou partido coa creación do vestiario e a pintura dos decorados".

Romero Llopis valorou a posta en escena do concerto deste domingo, "que se prevé espectacular a nivel visual", durante o cal se instalará unha pantalla na que se proxectará, en directo, o proceso de traballo das pinturas ás que dará forma Pilar Franco sobre o escenario do Teatro Colón.

Como xa é habitual, a sesión será de acceso libre ata completar a capacidade do recinto. Retransmitirase tamén en directo a través da canle oficial da BMMC en YouTube.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión