Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de agosto de 2022

A Bandeira Teresa Herrera de traiñeiras decidirá os títulos feminino e masculino da Liga Galega esta fin de semana

O sábado e o domingo dispútase na enseada do Orzán unha das probas deportivas máis lonxevas do calendario coruñés coa participación de 28 embarcacións

Esta fin de semana disputarase na enseada do Orzán a Bandeira Teresa Herrera de traiñeiras, última proba da Liga Galega de Traiñeiras. Será unha regata de máxima rivalidade, xa que se disputará o título masculino e feminino. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, encargouse de presentar a proba este martes no Predio dos Mariño. Estivo acompañada polo presidente da Federación Galega de Remo, José Manuel Seijas.

Un total de 28 embarcacións participarán este sábado 27 de agosto na clasificación da sexta regata e segunda bandeira Teresa Herrera feminina e na edición 36 e 14ª bandeira do Trofeo Terresa Herrera masculino de traiñeiras. Esa xornada clasificatoria será a que puntúe para a Liga Galega de Traiñeiras. O título na competición masculina disputarase entre Samertolameu-Oversea e Bueu-Teccarsa, aos que só separa un punto na xeral. O mellor clasificado de ambas as embarcacións levará este sábado o título e a camisola amarela. Na competición feminina, Cabo só precisa 4 puntos para levantar o título, algo que aínda pode disputarlle Chapela-Wofco.

O domingo, tras a conclusión da Liga Galega de Traiñeiras, será a xornada final da Bandeira Teresa Herrera, na que se enfrontarán as dez mellores embarcacións masculinas e as cinco mellores femininas clasificadas na véspera. A Bandeira Teresa Herrera é unha das citas deportivas máis lonxevas do calendario coruñés, xa que leva disputándose na enseada do Orzán desde 1986. "A Coruña ten unha tradición moi rica en traiñeiras, un deporte que cada vez cobra máis atención pola espectacularidade das imaxes que deixa. Non cabe dúbida de que este escenario da lugar a fermosas imaxes que fan que presumamos de cidade", apuntou Mónica Martínez durante o acto de presentación.

Os horarios para o sábado serán os seguintes: ás 17.30 celebrarase a regata de 'play-off', ás 18.00 será a regata de clasificación feminina, ás 18.30 disputarase a primeira quenda da Liga Galega masculina na categoría B e ás 19.00 horas será a segunda quenda das embarcacións pertencentes á categoría A, tras a que se celebrará a entrega de trofeos da competición na contorna do Palacio dos Deportes de Riazor. O domingo, a competición comezará coa ofrenda á xente do mar, ás 11.30 horas. Ás 11.45 comezará a regata feminina, mentres que ás 12.15 será a proba masculina. Ás 13.30 horas está previsto que sexa a entrega de premios no Predio dos Mariño.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión