Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xaneiro de 2023

A C21 contará por primeira vez cunha carreira 5K como punto de partida do circuíto Coruña Corre

Xunto ao medio maratón coruñés desenvolverase unha proba de 5 quilómetros que exercerá de introdución do circuíto Coruña Corre

O medio maratón Coruña21 que organiza o Concello da Coruña contará este ano por primeira vez cunha carreira paralela de cinco quilómetros. O obxectivo desta proba é introducir nas carreiras populares a cidadanía a través dun percorrido de pouca esixencia e facela partícipe do ambiente da C21 do próximo domingo 12 de febreiro.

O Goberno de Inés Rey busca promover o deporte entre os coruñeses e as coruñesas a través do circuíto Coruña Corre, cuxas probas teñen unha distancia similar á desta 5K. Esta proba, deseñada pola Federación Galega de Atletismo, incorpórase ao amplo abano de carreiras populares da cidade como punto de partida para o resto da tempada.

A 5K, que comezará ás 10.05 horas e sairá do Obelisco -como a C21-, está concibida para iniciarse nas carreiras nun circuíto totalmente plano. As persoas que se inscriban na C21 ou na súa 5K gozarán dun 50% de desconto á hora de inscribirse no circuíto Coruña Corre 2023, que comezará o 18 de marzo coa Nocturna da Torre.

A carreira de 5.000 metros non será a única novidade da décimo quinta edición de Coruña21 xa que o medio maratón incluirá carreiras de menores para que tamén se poidan preparar para o circuíto Coruña Corre. Coa inscrición, os e as pequenas recibirán unha camiseta de agasallo para participar na proba.

A inscrición pódese formalizar na páxina web www.carreirasgalegas.com. O prazo para facelo conclúe o domingo 5 de febreiro ás 23.59 horas. A prezo será de 3 euros.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión