Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de octubre de 2021

A Carreira da Muller reunirá este domingo 2.500 corredoras na Coruña

Inés Rey presentou esta popular proba e destacou o papel que cumpre na loita contra o cancro e a favor da igualdade

A Coruña volverá vivir unha xornada de festa para as mulleres este domingo. A Carreira da Muller regresa á cidade tras o obrigado parón do 2020 pola pandemia. A cidade herculina é a terceira cita das oito probas programadas en diferentes cidades españolas ata finais de ano.

Esta mañá foi presentada a proba no Parrote. Ao acto acudiu a alcaldesa da Coruña, Inés Rey. Tamén estivo presente a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, e a atleta Yolanda González, unha das mellores velocistas galegas dos anos noventa. Nesta oitava edición participarán un total de 2.500 corredoras.

A proba incluirá unha carreira de carácter nacional, dentro do Circuito Nacional de la Carrera de la Mujer Central Lechera Asturiana 2021. O obxectivo desta proba e das súas participantes, coñecidas popularmente como "marea rosa", é amosar o seu apoio ás enfermas de cancro de mama e a investigación desta enfermidade, así como solidarizarse coas persoas que loitan contra calquera tipo de violencia contra as mulleres.

"Estamos moi felices de que A Coruña volva acoller unha proba tan popular e cunha mensaxe tan importante. A marea rosa é moito máis que un movemento de apoio ás enfermas de cancro de mama, é un movemento a favor da igualdade, ao fomentar a incorporación das mulleres ao deporte" destacou a alcaldesa.

A VIII Carreira da Muller será este domingo, 17 de outubro, a partir das 10.00 horas. O percorrido sairá do Paseo do Parrote cara a Ánimas, transcorrerá polo Paseo Marítimo ata a rotonda da Agra de Santo Amaro e regresará polo mesmo camiño ata a Dársena e a avenida da Mariña e do Porto, onde estará situada a meta.

As 2.500 participantes estarán divididas en cinco quendas de 500 mulleres cada unha. Sairán de seis en seis corredoras cada cinco segundos para cumprir co protocolo COVID.

A proba constará dunha carreira de 5,5 quilómetros competitiva na que participarán atletas de elite de primeiro nivel nacional e internacional, ademais de corredoras de categoría rexional e local. Tamén haberá atletas populares. Por outra banda, haberá tamén unha andaina de 5,5 quilómetros para debutantes ou practicantes doutros deportes, así como mulleres que saen a camiñar con frecuencia pero non fan deporte activo. As participantes poderán facer a maior parte do percorrido andando e terán 90 minutos para completalo.

A da Coruña será a terceira proba do calendario da Carreira da Muller para este 2021. As oito cidades participantes no programa son Valencia, Vitoria, A Coruña, Madrid, Zaragoza, Barcelona, Sevilla e Xixón. En total, espéranse máis de 135.000 corredoras en todas as carreiras. O lema deste ano é "Por todas nosotras", co obxectivo de honrar a todas as mulleres e á sociedade pola súa resiliencia durante esta pandemia.

No acto de presentación tamén estiveron presentes representantes do grupo Gente Única, un grupo de autoxestión de ocio para persoas afectadas por un problema de saúde mental. Co apoio da asociación Pro Enfermos Mentales APEM organizan este domingo, coincidindo coa Carreira da Muller, unha andaina que leva o nome 'Un paso por la Salud Mental'.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión