Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de octubre de 2021

A Carreira da Muller reuniu nas rúas na Coruña a 2.500 corredoras

A Coruña acolleu a terceira das oito probas do circuíto nacional desta competición benéfica a favor da investigación do cancro de mama e contra a violencia de xénero

A Carreira da Muller regresou á cidade tras o obrigado parón do 2020 pola pandemia. Fíxoo con todos os dorsais esgotados desde hai semanas e un gran ambiente festivo e reivindicativo.

Unhas 2.500 mulleres formaron a 'marea rosa' que percorreu o Paseo Marítimo nesta proba benéfica contra a violencia de xénero e que apoia a investigación contra o cancro de mama. A proba reuniu a ducias de atletas de primeiro nivel nacional e internacional que acompañaron ao resto das corredoras durante todo o percorrido.

A carreira partiu ás dez da mañá do Parrote e percorreu un treito do Paseo Marítimo ata a glorieta de entrada a Durmideiras. Alí as corredoras deron a volta e regresaron cara a meta, situada na Mariña. Foi un percorrido curto, de 5,5 quilómetros, que se puido facer tamén na modalidade de andaina.

A gañadora da proba foi Zelinda Spencer (Categoría Veterana A) cun tempo de 19 minutos e 17 segundos. Seguiuna Inés Papín (Categoría Veterana B) cun tempo de 20 minutos e 8 segundos. Completou o podio Uxía García (Categoría Senior), que parou o cronómetro en 20 minutos e 16 segundos. Na cuarta praza rematou Ángela Torrente (20:24) e na quinta Agueda Ramírez (20.34). Houbo un gran ambiente mais alá da competición, que lembrou ao das sete probas da Carreira da Muller celebradas ata esta oitava edición na Coruña.

A Carreira da Muller da Coruña forma parte do Circuito Nacional de la Carrera de la Mujer Central Lechera Asturiana 2021. Trátase da terceira proba da actual edición, que percorrerá tamén as cidades de Valencia, Vitoria, Madrid, Zaragoza, Barcelona, Sevilla e Xixón. As 2.500 participantes dividíronse en cinco quendas de 500 mulleres cada unha para cumprir coa normativa COVID. Entre as corredoras atopábase a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, que quixo sumarse a esta boa causa desde dentro. A edil foi tamén unha das encargadas de entregar os trofeos e as medallas ás gañadoras. Na proba tamén estivo presente a olímpica galega Belén Toimil.

A de hoxe foi a carreira popular con máis participantes desde a chegada da pandemia. A Coruña xa celebrou o pasado 3 de outubro a C10 con 1.400 corredores e un novidoso percorrido polos peiraos da cidade. O goberno local de Inés Rey confirmou entón a súa intención de que este tipo de probas deportivas populares regresen á normalidade no próximo 2022 tras a pandemia coa celebración da media maratón e a maratón, ademais do resto de probas C10.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión