Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de septiembre de 2021

A Casa das Ciencias e a Domus reabren as súas salas de exposicións interactivas

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, cualificou a reapertura como “unha boa nova para a total recuperación dunha das nosas señas de identidade” como é a rede dos Museos Científicos coruñeses.

A Casa das Ciencias e a Domus reabren o próximo martes, 28 de setembro, as súas salas de exposicións interactivas para as visitas do público, despois da flexibilización das restricións derivadas da pandemia da Covid-19 que atañen aos museos.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, cualificou esta reapertura como "unha boa nova para a total recuperación dunha das nosas señas de identidade" como é a Rede dos Museos Científicos. "Os Museos Científicos son parte do que nos define como cidade e confírenlle á Coruña eses matices que a fan diferente", apuntou Rey.

Co obxectivo de garantir o control das capacidades, é necesario que para realizar unha visita a estes espazos municipais as persoas interesadas reserven a súa entrada na plataforma en liña habilitada para tal fin.

Desde a rede dos Museos Científicos coruñeses informan de que o sistema de reservas seguirá sendo o mesmo que se estaba a empregar para o Aquarium Finisterrae desde a súa reapertura, que permite o acceso por tramos horarios ás instalacións. A duración da visita non estará limitada. As direccións para realizar as reservas estarán dispoñibles próximamente na páxina web dos Museos Científicos: www.coruna.gal/mc2/

Inicio do curso escolar nos Museos Científicos Coruñeses

Ademais, a partir do luns 4 de outubro, comezará a campaña do curso escolar nos Museos Científicos Coruñeses coa apertura das reservas para os grupos educativos que poderán gozar das exposicións e actividades que se programaron para este curso.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión