Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de decembro de 2022

A Casa dos Xoguetes estará aberta ata o 5 de xaneiro para as persoas interesadas na doazón de xoguetes

En contraprestación polos obxectos doados, a persoa usuaria recibe cupóns que pode intercambiar, posteriormente, polos xoguetes que máis lle gusten de entre todos os expostos nese momento

No contexto da programación de actividades polas festas de Nadal, a concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Sobral Cabanas, visitou esta mañá as instalacións da Casa dos Xoguetes, habilitadas na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) da rúa Costa da Palloza, 8.

"A Casa dos Xoguetes é unha iniciativa que ten como principal obxectivo impulsar a economía circular e o consumo consciente e responsable, un compromiso asumido polo Goberno de Inés Rey en materia de sostibilidade", subliñou a concelleira Diana Sobral.

As instalacións da Casa dos Xoguetes estarán abertas para as persoas interesadas na doazón de xoguetes ata o vindeiro 5 de xaneiro, de luns a venres (de 10.00 a 19.00 horas) e os sábados (de 10.00 a 14.00 horas).

Neste sentido, na Casa dos Xoguetes, e en contraprestación polos obxectos doados, a persoa usuaria recibe cupóns que pode intercambiar, posteriormente, polos xoguetes que máis lle gusten de entre todos os expostos nese momento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión