Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de junio de 2021

A cidade da Coruña foi a encargada de realizar a Ofrenda do Reino de Galicia

O primeiro tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, representou esta mañá á cidade da Coruña como delegado rexio na tradicional cerimonia que se celebra na catedral de Lugo

O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, representou esta mañá ao Concello da Coruña como delegado rexio na Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, unha tradición que se mantén desde o século XVII e na que se convida as e os representantes municipais das sete antigas capitais.

Juan Ignacio Borrego foi o encargado de realizar a ofrenda en nome da Corporación municipal, no transcurso da cerimonia que se celebrou na catedral de Lugo, coa participación da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero; a concelleira de Betanzos, Mónica Carneiro; o concelleiro de Ourense, Armando Ojeda; e o concelleiro de Santiago, Gumersindo Guinarte.

O tenente de alcaldesa da Coruña lembrou que a Ofrenda do Reino de Galicia a Xesús Sacramentado é un acto relixioso, pero tamén unha manifestación cultural cun gran significado que foi declarado como Ben de Interese Cultural. Ademais, sinalou, "é a única manifestación pública na que perdura a referencia do Antigo Reino de Galicia". Na súa ofrenda, Borrego fixo referencia á crise sanitaria, lembrou "aos que xa non están, para honralos novamente na nosa memoria" e pediu pola "saúde das persoas enfermas, pola recuperación do cotián, coa esperanza de que a distancia social mude de novo naquelas apertas que quedaron sen dar".

Borrego tamén destacou o labor do persoal sanitario, das persoas coidadoras e as voluntarias, as forzas e corpos de seguridade, as xentes que seguiron atendendo ás necesidades da cidadanía na distribución de alimentos, nos servizos esenciais, nos sectores estratéxicos: "Elas e eles son o orgullo das nosas cidades, o mellor que temos neste reino antigo".

O bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, foi o encargado de recibir a ofrenda por parte da Igrexa, nunha tradición que as e os representantes municipais de A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Betanzos, Santiago de Compostela, Ourense e Tui manteñen viva desde o ano 1669, cando o Rei accedeu a que se fixese unha ofrenda anual para contribuír a sufragar o gasto da iluminación ao Santísimo Sacramento, exposto de forma perpetua no altar maior do templo lucense.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión