Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de maio de 2021

A comisión técnica do Porto bota a andar hoxe en María Pita

As administracións implicadas volveranse a reunir o vindeiro 26 de maio para analizar de forma conxunta as propostas que cheguen desde todos os entes

A comisión técnica do equipo de traballo para reordenar os espazos portuarios da cidade comezou hoxe a súa andadura, nunha primeira reunión en que participaron o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada; o xefe territorial da Consellería de Infraestructuras, José Antonio Alvarez Vidal; a directora corporativa de Portos do Estado, Pilar Parra; a directora xeral de Planificación Estratéxica e Proxectos de ADIF, María Luisa Domínguez, o director xeral de Negocio e Operacións Comerciais de ADIF, Jesús María Campo; o director da Autoridade Portuaria, Juan Diego Pérez Freire; o deputado da Deputación da Coruña, José Ramón Rioboo; o subdirector xeral de Planificación Ferroviaria da Secretaría Xeral de Infraestruturas, Jorge Ballesteros; e a representante da Delegación do Goberno en Galicia, Ana Quintairos.

O encontro ao que asistiron todas as administracións implicadas coincidiron en sinalar o éxito da consecución do enlace ferroviario a Langosteira como clave para o futuro económico do porto e da desafección dos peiraos interiores, que permite avanzar na planificación e desenvolvemento do futuro do Porto.

As administracións comprometéronse a propoñer solucións e analizalas de forma conxunta o vindeiro 26 de maio, data en que se reunirán de novo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión