Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xuño de 2022

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, participa no VI Encontro de Estudantes Xitanos e Xitanas

No acto, celebrado hoxe no centro cívico dos Mallos, levouse a debate a loita contra os estereotipos e tamén se recoñeceu o traballo da xuventude que continúa a súa formación

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, participou hoxe no VI Encontro de Estudantes Xitanos e Xitanas que se celebrou no Centro Cívico dos Mallos. Neira subliñou o esforzo que realizan a xuventude para "superar os estereotipos" e animounos a seguir adiante para converterse en referentes entre os seus compañeiros.

No acto participaron Santiago Barrul e Mercedes Cruz, da Fundación Secretariado Gitano. Antes do recoñecemento aos e ás estudantes destacados deste curso, celebrouse unha mesa de referentes na que tres rapazas xitanas que xa remataron os seus estudos debatiron sobre as oportunidades que lles ofrece a súa decisión de estudar, e insistiron na motivación da xuventude e as súas familias.

A Fundación Secretariado Gitano é unha organización social sen ánimo de lucro que traballa para a inclusión e a promoción da comunidade e cultura xitanas, tanto a nivel estatal como europeo. Na Coruña, ten a súa sede no Centro Cívico da Sagrada Familia.

As áreas de traballo da Fundación Secretariado Gitano son diversas: emprego, inclusión social, educación, saúde, igualdade de trato e xénero, xuventude, vivenda, cultura e cooperación internacional.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión