Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xuño de 2021

A Corporación homenaxea os xuvenís do Deportivo por lograr a Copa de Campións

A alcaldesa, Inés Rey: “A cidade volveu celebrar un título. Onte o corazón branquiazul volveu latexar con forza. As nosas cores volveron ondear na cidade e o Deportivismo volveu gozar dunha gran tarde de fútbol, a gozar do voso talento”

A alcaldesa, Inés Rey, xunto á Corporación municipal, recibiu esta tarde no salón de plenos de María Pita o equipo xuvenil do Deportivo tras gañar onte a Copa de Campións. A rexedora felicitounos polo título acadado e sinalou que escribiran un capítulo importantísimo da historia do Depor: "A cidade volveu celebrar un título. Onte o corazón branquiazul volveu latexar con forza. As nosas cores volveron ondear na cidade e o Deportivismo volveu gozar dunha gran tarde de fútbol, a gozar do voso talento".

Rey, en nome da Corporación, expresoulles o seu orgullo "non só de que lográsedes a Copa de campións, 25 anos despois da fazaña de 1996, senón de como o fixestes: como un gran equipo, con personalidade, aproveitando as vosas virtudes, convencidos de que o título sería voso".

A alcaldesa subliñou a enorme satisfacción de que o ano que vén o equipo leve o nome da Coruña e de Galicia de novo a Europa na Youth League, "de que un equipo do Deportivo compita cos clubs máis importantes do continente".

Felicitou o adestrador Óscar Gilsanz, o seu equipo, e os responsables das categorías bases do Real Club Deportivo porque, resaltou, a vitoria do equipo é froito do seu talento, pero non o é menos da estrutura do club e o traballo feito desde a base por potenciar os valores do deportivismo que sempre deron tan bos resultados: "Sodes un equipo que nace da canteira, resultado do traballo de moita xente. Da súa ilusión e da súa aposta polo talento local", dixo. Tamén quixo destacar o labor das familias, "sempre a voso carón, correndo de aquí para alá; o voso triunfo tamén é froito da súa dedicación".

E, por último, animounos a seguir traballando, a perseguir os seus soños. "O talento, sen dúbida, está aí, pero todos sabemos que o camiño é longo e necesita de esforzo, constancia e moito sacrificio. Deséxovos que vos poidades seguir formando como profesionais e chegar a ser xogadores de elite no noso Dépor", rematou.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión