Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de septiembre de 2022

Este sábado terá lugar no Coliseum un espectáculo de exhibición policial, de acceso libre ata completar capacidade, durante o cal levaranse a cabo demostracións operativas coa participación de medios aéreos e os TEDAX

A Coruña acolle desde este xoves un amplo programa de actividades con motivo da celebración nacional do Día da Policía

O programa comeza esta semana cunha exposición de ‘Medios y Museo de la Policía’, que estará aberta ao público ata o vindeiro mércores 28 na Mariña e O Parrote

A Coruña foi a cidade escollida este ano polo Ministerio de Interior para a celebración dos actos centrais polo Día da Policía, que terán lugar desde este xoves 22 e prolongaranse ata o vindeiro día 28, achegando á cidadanía ao traballo diario dos profesionais que integran a Policía Nacional, e, ademais, facendo partícipes ás coruñesas e coruñeses en diversas actividades formativas, divulgativas e tamén de carácter deportivo.

A alcaldesa, Inés Rey, tomará parte este xoves 22 no primeiro dos actos previstos, coa posta en marcha da 'Exposición de Medios y Museo de la Policía', que estará situada na contorna da Mariña e o paseo do Parrote. A mostra, que será ao aire libre, exhibirá distintas unidades da Policía Nacional e, entre elas, as persoas asistentes poderán contemplar unha colección de autómobiles policiais históricos, así como un helicóptero e camións da Policía Científica, entre outros vehículos.

Esta exposición estará aberta ao público ata o vindeiro mércores 28, en horario de mañá (de 11.00 a 14.00 horas) e de tarde (de 17.00 a 20.00 horas), coa excepción da xornada de peche, cando se poderá visitar ata as 14.00 horas.

A programación de actos continuará o venres 23, co concerto didáctico infantil 'Música y Policía', que interpretará a Banda Sinfónica da Policía Nacional no Palacio da Ópera a partir das 11.00 horas.

Xa durante a fin de semana, o sábado 24, o Coliseum da Coruña acollerá un espectáculo de exhibición policial durante o cal levaranse a cabo demostracións operativas coa participación de medios aéreos, guías caninos, cabalería, TEDAX-NRBQ, os GEO e tamén unidades de Seguridade Cidadá. Será un dos actos principais no contexto da programación polo Día da Policía. Esta exhibición, que comezará ás 11.00 horas, será de acceso libre ata completar capacidade. Tamén o sábado, ás 22.00 horas, a Coiraza do Orzán será o punto de saída da carreira nocturna 'Ruta 091, polos heroes do Orzán', en homenaxe aos policías nacionais Javier López, Rodrigo Maseda e José Antonio Villamor, falecidos nas augas da praia do Orzán hai dez anos ao intentar salvar ao estudante eslovaco Tomas Velicky, que tamén perdeu a vida. A carreira 'Ruta 091, polos heroes do Orzán', de 5,6 quilómetros de percorrido, rematará na praza do Parrote.

Ciclo de conferencias informativas

Xa o luns 26, e en sesións de mañá e tarde, o paraninfo da Universidade da Coruña acollerá un ciclo de conferencias que achegará ao público os avances experimentados polo corpo policial na loita contra a ciberdelincuencia, así como as emerxencias a nivel autonómico en Galicia e tamén ás relacións diarias da Policía Nacional cos medios de comunicación. 

Os horarios e participantes nas conferencias son os seguintes:

  • Ciberdelincuencia (de 11.00 a 12.30 horas):
    • Moderador: Francisco Javier Novoa Manuel, profesor da Universidade da Coruña).
    • Ponentes: Celia Carreira Vigo, inspectora xefa da Policía Nacional; José Aneiros Díaz, inspector xefe da Policía Nacional; Santiago Reboyras Martínez, inspector da Policía Nacional; e Luis Vázquez Seco, fiscal delegado de Criminalidade Informática na Coruña.
  • Emerxencias na Comunidade Autonóma de Galicia (de 12.30 a 14.00 horas):
    • Moderadora: María Rivas López, Subdelegada de Goberno na Coruña.
    • Ponentes: Marcos Araújo Pereira, xerente da AXEGA; Adriana Regueira Pan, directora da Fundación Pública Urgencias Sanitarias de Galicia-061; Luis Benito Rial Iglesias, inspector da Policía Nacional.
  • ADN: 14 anos do laboratorio de ADN na Xefatura Superior de Policía en Galicia (de 17.00 a 18.30 horas):
    • Moderadora: Ana María González Tizón, profesora da Universidade da Coruña.
    • Ponentes: Andrés Martínez Lage, profesor da Universidade da Coruña; Luis Hombreiro Noriega, inspector xefe da Policía Nacional; María Eiroa López, inspectora da Policía Nacional.
  • Policía e medios de comunicación (de 18.30 a 20.00 horas):
    • Moderadora: Doda Vázquez Iglesias, presidenta da Asociación de Prensa da Coruña.
    • Ponentes: Manuel Marlasca García, periodista de investigación; Miguel Álvarez Franco, director da axencia EFE Galicia; Antonio Nevado Raja, inspector xefe da Policía Nacional.

O acto central polo Día da Policía, o mércores 28

A programación de actos polo Día da Policía enfilará a recta final o martes 27, coa gala de premios da Policía Nacional, que terá lugar no Palexco desde as 19.00 horas coa intervención da alcaldesa, Inés Rey. Durante a celebración da mesma, outorgaranse os Premios Valores Humanos y de Periodismo de la Fundación Policía Española nas categorías de prensa escrita e dixital, radio e televisión.

Xa o mércores 28, a praza de María Pita acollerá o acto institucional central polo Día da Policía. Desde as 11.30 horas, e coa intervención da alcaldesa, Inés Rey, efectuarase unha entrega de condecoracións, seguida dunha homenaxe aos policías falecidos en acto de servicio. O acto concluirá coas formacións estética e dinámica das unidades da Policía Nacional presentes na xornada.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión