Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de maio de 2022

A Coruña acolle este venres a final galega de Rebumbio matemático

Celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación, coa participación dos 16 equipos finalistas.

Este venres 27 de maio celebrarase na Universidade da Coruña a final galega de Rebumbio matemático. Entre as 10.30 e as 13.00 horas desenvolverase a final, na que van participar 16 equipos de toda Galicia. Tras a finalización da proba, o alumnado participante realizará unha visita ao Castro de Elviña e unha comida de confraternización con profesorado e organización.

A xornada concluirá ás 16.30 horas coa entrega de premios, na que participarán Jesús J. Celemín Santos, concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego do Concello da Coruña, e Mª Cristina Naya Riveiro, delegada de AGAPEMA na zona da Coruña.

Documentos relacionados

  • XXI Rebumbio Matemático: Dia da Fase Final Galega (150 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión