Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de setembro de 2022

A Coruña acolle este venres e sábado o Campionato de España de MTB de policías locais

Está prevista a presenza de ciclistas procedentes dun cento de municipios do país nesta proba que se disputará na contorna de Bens

A Coruña acollerá este venres e sábado a vixésimo cuarta edición do Campionato de España de MTB de Policías Locais. A cita, organizada pola Policía Local coruñesa a través da Asociación Cultural e Deportiva da Policía Local, e coa colaboración do Concello (a través da Concellaría de Deportes), congregará na cidade arredor de 250 persoas, con participantes nas distintas categorías das probas procedentes dun cento de municipios de toda España.

O campionato é o único das súas características que forma parte do calendario oficial da Federación Española de Ciclismo. A carreira deste ano partirá desde O Parrote e disputarase nun circuíto deseñado para as bicicletas de montaña na contorna de Bens. Os ciclistas darán tres voltas a un trazado de 12 kilómetros, dúas voltas no caso das categorías feminina e de maiores de 50 anos.

Este venres celebraranse varias actividades dentro da programación deste Campionato de España. Haberá un primeiro recoñecemento do circuíto e unha visita á cidade. Tamén terá lugar un recepción institucional ás 19.00 horas no paseo do Parrote, á que asistirá a alcaldesa, Inés Rey. O sábado disputarase a carreira. A saída será desde o Parrote ás 10.00 horas. As persoas participantes irán escoltados por axentes da Policía Local motorizados ata a zona do circuíto, en Bens. A entrega de trofeos está prevista tamén no Parrote.

A cita conta tamén co Apoio do Consorcio de Turismo, xa que ademais do seu carácter deportivo, permitirá tamén promocionar á Coruña nos concellos de toda España que toman parte nela.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión