Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xaneiro de 2023

A Coruña acollerá esta fin de semana o Campionato Galego de Hóckey Sala

A cita, que por primeira vez se realizará de maneira simultánea nas categorías masculina e feminina, será no pavillón do Ventorrillo e no Pazo dos Deportes

A Coruña acollerá este sábado e domingo o Campionato Galego de Hóckey Sala, a cita máis importante do calendario autonómico desta disciplina. Os mellores equipos de Galicia buscarán o acceso á competición nacional no pavillón do Ventorrillo e no Palacio dos Deportes.

A concelleira Diana Cabanas presentou esta mañá a competición xunto ao presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Baratta, e o resto de representantes das entidades colaboradoras. "A realización na cidade deste campionato é outra boa mostra do compromiso da nosa alcaldesa Inés Rey co deporte local e autonómico en todas as súas modalidades e disciplinas", sinalou a edil.

Está prevista a participación de máis de 200 deportistas e adestradores. Asistirán os sete mellores equipos masculinos e os cinco mellores femininos de Galicia. "Desde o Concello amosamos todo o noso apoio ao hóckey sala e á realización de grandes torneos que poñan en valor o carácter deportivo da cidade", dixo Diana Cabanas, que lembrou que A Coruña acaba de acoller a Copa Princesa de voleibol, a gran competición feminina nacional deste deporte.

Os equipos masculinos que participarán serán: CH Barrocás, CH Albor, Escola Hockey Coruña, CSA Ourense, Gimnástico Cudeiro, Athletic Coruña e CH Albor 1981. Na categoría feminina estarán: Villar Ourense, Atlántico Vigo, Athletic Coruña, Escola A Coruña 2016 e Escola Galicia Sport. Os encontros comezarán o sábado ás 10.00 horas en ambos recintos e as finais serán o domingo ás 12.30 horas a feminina e ás 13.40 horas a masculina no Pazo dos Deportes de Riazor.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión