Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de novembro de 2023

A Coruña acollerá o 25 e 26 de novembro unha nova edición do Torneo do Eixo Atlántico de hóckey a patíns

A competición contará coa participación de 12 equipos galegos e portugueses de categoría infantil

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou esta mañá unha nova edición do Torneo do Eixo Atlántico de hockey a patíns. O torneo de categoría infantil reunirá a equipos galegos e portugueses na súa XI edición e que terá lugar na fin de semana do 25 e 26 de novembro.

"Este torneo ten un grande atractivo para a nosa cidade e, por iso, reuniremos neste Palacio dos Deportes aos mellores equipos da nosa comunidade e de Portugal", sinalou Gonzalo Castro. O edil destacou a alta participación, con 12 conxuntos que se distribuirán en catro grupos de tres equipos e disputarán os seus encontros no propio Palacio dos Deportes e no polideportivo de Monte Alto.

"Esta competición é xa un referente deportivo de categorías inferiores en Galicia e Portugal, e A Coruña ten a honra de acollela desde os seus inicios", sinalou Castro, que estivo acompañado no acto que tivo lugar no Palacio dos Deportes de Riazor por Filipe Taveira, responsable do departamento de Programas e Cooperación do Eixo Atlántico. "Non só é deporte senon tamén é unha ferramenta para inculcar e transmitir valores e intercambiar experiencias e fortalecer lazos entre as distintas comunidades", apuntou o concelleiro.

O Goberno de Inés Rey continúa a apostar pola programación na cidade de competicións deportivas de categorías inferiores de gran prestixio e que atraian a un gran número de participantes e persoas vinculadas aos diferentes equipos. O sábado 25 disputarase a primeira fase, que enfrontará aos equipos dos catro grupos resultantes do sorteo realizado hoxe. Xogaranse dous tempos de 20 minutos cun descanso de 5 minutos. O domingo xogarase, no Palacio dos Deportes, a fase final cos equipos gañadores dos catro grupos.

O sorteo, no que tamén participou o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, deu como resultado os seguintes grupos e sedes:

Grupo A (Palacio dos Deportes)

  • Hóquei Clube de Barcelos (Barcelos)
  • BIG MAT CREA Escola Lubiáns (Carballo)
  • CH Compostela (Santiago)

Grupo B (Palacio dos Deportes)

  • Club Compañía de María (A Coruña)
  • Famalicense AC (V.N. Famalicao)
  • Hóquei Clube de Maia (Maia)

Grupo C (Polideportivo de Monte Alto)

  • Associaçao Desportiva de Valongo (Valongo)
  • H.C. Deportivo Liceo (A Coruña)
  • C. Hóquei dos Carvalhos (V.N. Gaia)

Grupo D (Polideportivo de Monte Alto)

  • Club A. A. Dominicos (A Coruña)
  • ADC Gulpilhares (V.N. Gaia)
  • Santa María del Mar (A Coruña)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión