Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de mayo de 2021

A Coruña acollerá o 6 de xuño a proba nacional máis importante de marcha nórdica

O Campionato de España Individual e de Seleccións Autonómicas-III Trofeo Cidade da Coruña consolidará a cidade como referente desta especialidade

A Coruña acollerá o próximo 6 de xuño o Campionato de España Individual e de Seleccións Autonómicas de Marcha Nórdica "III Trofeo Cidade da Coruña", que se celebrará na contorna da Torre de Hércules baixo estritas medidas de seguridade. De momento, xa confirmaron a súa presenza na proba representantes e equipos procedentes de oito comunidades autónomas. A xornada deportiva comezará ás 09.45 horas e consistirá nun circuíto de aproximadamente 14 quilómetros polo parque escultórico da Torre de Hércules.

A cidade, que viu nacer en 2017 as competicións oficiais de marcha nórdica, foi pioneira ao organizar un evento oficial cando apenas se practicaba. Deste entón, A Coruña volveu estar presente no calendario competitivo dous anos despois e foi sede dunha das probas da Copa de España e o I Campionato Galego de Marcha Nórdica. Este ano, será anfitrioa do evento máis importante, o que a consolida como referente na promoción dunha modalidade deportiva, que entra dentro da programación das escolas municipais, xunto a outras como adestramento intenso e moi intenso, bádminton, espalda sa, Ioga e xogos predeportivos.

Fomentar a práctica do deporte é unha das máximas do Goberno de Inés Rey, que entende que acollendo citas como a de xuño estase incentivando a práctica e afección por este deporte que na Coruña goza dunha bagaxe importante e unha ampla presenza feminina. Proba disto é que o 86% das deportistas federadas do Club de Marcha Nórdica A Coruña son mulleres.

Esta proba de alto nivel está organizada pola FEDME (Federación española de Deportes de Montaña e Escalada), a Federación Galega de Montañismo e o Club Marcha Nórdica A Coruña. Polas estritas medidas de seguridade e o cumprimento do protocolo de prevención da COVID-19, a participación estará limitada a deportistas federadas/os con licenza FEDME.

Máis información en www.trofeomarchanordicacoruna.es

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión