Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de xullo de 2022

A Coruña celebrará esta fin de semana o torneo nacional 3x3 de baloncesto

A competición Herbalife 3x3 series celebrarase por primeira vez na Coruña, antes do último torneo do Máster Final

A explanada do Parrote será a sede do sexto torneo da edición 2022 do Herbalife 3x3 Series, o último desta edición antes do Máster Final de Barcelona. Un torneo decisivo para os equipos deportivos, que buscarán os últimos puntos para acceder á final.

A Federación Española de Baloncesto e Madison, en colaboración co Concello da Coruña, montarán dúas pistas de baloncesto 3x3 onde se disputará a competición a tarde do venres 15 e durante todo o sábado 16 de xullo. Un torneo cun alto nivel deportivo no que estarán presentes algúns dos mellores xogadores (Nacho Martín, Javi Medori, Sergio de la Fuente...) e xogadoras (Sandra Ygueravide, Aitana Cuevas...) do país. Deste xeito, A Coruña volve acoller unha cita deportiva de referencia con deportistas de alto nivel, situándose como unha das cidades deportivas de referencia para eventos de carácter nacional e internacional como a Copa do Mundo de Paratríatlon ou o XV Torneo Internacional de Halterofilia.

Ademais dos partidos, o Herbalife 3x3 Series ofrece unha experiencia para os afeccionados que se acheguen ás pistas. Con entrada gratuíta, contará cun completo programa de animación con música e un concurso de mates e triplos.

Sobre o Circuíto Herbalife 3x3 Series

Despois da primeira edición de 2019, a suspensión do 2020 e a edición de 2021 marcada polas medidas sanitarias, esta terceira edición está composta por sete sedes, con importantes premios aos mellores clasificados e a pretensión de consolidar a modalidade olímpica tanto no ámbito deportivo como de promoción do baloncesto por algunhas das mellores localizacións urbanas do noso país.

O Herbalife 3x3 Series 2022 arrincou no Campello (27-28 de maio) e pasou por Murcia (3-4 de xuño), Albacete (10-11 de xuño), Marbella (1-2 de xullo) e Zaragoza (8-9 de xullo) a falta do torneo da Coruña (15-16 de xullo) antes do Máster Final de Barcelona (22-23 de xullo). Cada Torneo Open conta coa participación dun máximo de 16 equipos, mentres que no Máster Final competirán os 12 equipos masculinos e 8 femininos con mellor puntuación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión