Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

6 de marzo de 2020

A Coruña é desde hoxe unha cidade “pet friendly”

Esta iniciativa, impulsada pola Concellería de Turismo, a plataforma Somospetfriendly.es e Purina, pretende promover o turismo de persoas que viaxan coas súas mascotas e dinamizar o comercio local

A concelleira de Turismo, Diana Cabanas, presentou esta mañá no concello o programa "Na Coruña somos pet friendly", impulsado pola propia Concellería de Turismo, a plataforma Somospetfriendly.es e Purina, e ten como fin promover o turismo de persoas que viaxan coas súas mascotas para concienciar a sociedade dos beneficios que isto implica e para dinamizar o comercio local. Na presentación aos medios de comunicación tamén participaron a directora da plataforma, Mónica Cubeiro, e Sonia Sáez, brand manager de Purina.

Cabanas explicou que "a plataforma ten contabilizados ata o momento máis de 500 establecementos dog friendly na cidade. Agardamos que co lanzamento deste programa a cifra se multiplique nos próximos meses" e, asegurou, "A Coruña é unha cidade que ama os seus cans, diso non cabe dúbida. Nos últimos anos o número de cans rexistrados na nosa cidade creceu ata nun 33% ata superar a día de hoxe os máis de 20.000 rexistros".

"Desde o Goberno local preocupámonos diariamente por que se cumpran os seus dereitos, os do animais pero tamén os dos seus propietarios e propietarias, grazas ao excelente labor da Patrulla Verde e da nosa Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade", matizou a edila, quen tamén animou os establecementos da cidade a participar neste programa co que "todas e todos sairemos gañando", e agradeceu a nova distinción coa que conta o concello desde hoxe.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión