Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de octubre de 2022

A alcaldesa, Inés Rey, e José Hila, o rexedor de Palma, reuníronse hoxe na cidade mallorquina para poñer en común proxectos e iniciativas

A Coruña e Palma de Mallorca comparten as actuacións de transformación urbana que están a executar

Ambas as cidades puxeron de manifesto a importancia dos fondos europeos Next Generation

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reuniuse hoxe con José Hila, rexedor de Palma de Mallorca, para compartir as experiencias e actuacións que cada unha das cidades está levando a cabo en materia de transformación urbana, moi semellantes entre si, e que están aliñadas coa Axenda 2030 e a sostibilidade.

Desta forma, as dúas capitais, unha do Mediterráneo e outra do Atlántico, puxeron en común os proxectos que están a executar. Inés Rey apuntou cara o "modelo de ciudad que estamos implementando en A Coruña y Palma, con coincidencias en las propuestas de cara a tener ciudades más amables, más humanas e ambientamentalmente sostenibles, con una mejor calidad de vida para la ciudadanía". Neste sentido, A Coruña e Palma comparten diversas iniciativas en materia de mobilidade, como Coruña Camiña e Palma Camina, BiciCoruña e BiciPalma, a renovación do Paseo Marítimo ou a ampliación da rede ciclista.

Ademais, Inés Rey e José Hila subliñaron o traballo que se está desenvolvendo nas dúas cidades para acadar obxectivos coincidentes en termos de reformulación urbana, coa humanización dos barrios, peonalizacións e a pacificación do tráfico.

A alcaldesa da Coruña e o alcalde de Palma tamén puxeron de manifesto a importancia dos fondos europeos Next Generation, "una oportunidad para avanzar en el cambio de modelo y caminar hacia sistemas de movilidad y agenda urbana más sostenibles", apuntou Hila.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión