Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de septiembre de 2022

Este venres, e no contexto do congreso anual da Sociedade Galega Interdisciplinaria do SIDA, o Teatro Colón acollerá a presentación dun documental sobre o activista coruñés Tomás Fábregas. O evento será de acceso libre ata completar capacidade

A Coruña formaliza a súa adhesión ao manifesto Fast Track Cities, unha rede global comprometida co obxectivo de eliminar o VIH e os estigmas asociados

A alcaldesa, Inés Rey, asinou hoxe a incorporación da cidade á rede, que loita, con vistas ao 2030, por acadar os obxectivos 95-95-95, entre os que se inclúen que as persoas diagnosticadas teñan a posibilidade de seguir un tratamento idóneo de maneira continuada

O Salón Vermello do Pazo Municipal de María Pita acolleu este xoves o acto de sinatura, por parte do Concello, para a adhesión da cidade a Fast Track Cities, unha rede global integrada por cidades e municipios dos cinco continentes, que asumen un conxunto de compromisos co obxectivo común de eliminar o VIH e os estigmas asociados, como un problema de saúde pública, de cara ao ano 2030.

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada pola concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira, recordou que "desde o ano 1981, cando se diagnosticaron os primeiros casos de VIH, a investigación científica e concienciación comunitaria foron fundamentais para loitar contra a epidemia", polo que instou a "amosar ambición, un compromiso claro coa sanidade pública e tamén a convicción de que cada esforzo diario axudará a mellorar a calidade de vida das persoas que conviven co VIH e tamén a acadar esta meta conxunta de suprimir a epidemia".

Coa incorporación da cidade á rede Fast Track Cities, que supón asinar a Declaración de París iniciada en decembro de 2014 e actualizada en abril do ano pasado, A Coruña asume como propia a meta de cumprir, con vistas ao 2030, os obxectivos 95-95-95. É dicir, que o 95 % das personas con VIH teñan constancia do seu estado serolóxico; que o 95 % das persoas diagnosticadas teñan a posibilidade de seguir un tratamento idóneo de maneira continuada e, por último, que o 95 % das personas que sigan o tratamento consigan suprimir a carga viral, para manterse sans e reducir o risco de transmisión do VIH.

Neste sentido, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira, salientou que o Concello da Coruña, ademais da colaboración con CASCO na súa loita contra a SIDA e a estigmatización dos enfermos, realiza tamén tarefas de prevención e información a través de servizos municipais como o Espazo Diverso e o COF. Tamén, a través do programa Coruña Educa, inclúense contidos sobre SIDA e enfermidades de transmisión sexual nas actividades que se ofrecen nos centros educativos da cidade.

O acto de sinatura da adhesión da Coruña á rede Fast Track Cities lévase a cabo nun contexto moi específico: entre o venres 30 de setembro e o sábado 1 de outubro, a sede de Afundación no Cantón Grande acollerá o congreso anual da Sociedade Galega Interdisciplinaria da SIDA (SOGAISIDA), coa apertura de dúas xornadas de carácter divulgativo nas que terá especial protagonismo a figura do activista coruñés Tomás Fábregas, "un heroe mundial na loita fronte ao VIH e tamén contra a discriminación", recalcou Inés Rey. 

O venres, e desde as 19.40 horas, o Teatro Colón abrirá as súas portas á presentación e proxección dun documental que achegará ao público asistente a historia de Fábregas, así como a súa implicación para revocar a normativa gubernamental que, a comezos dos anos noventa, impedía a entrada de persoas seropositivas nos Estados Unidos. O evento será de acceso libre ata completar capacidade.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión