Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de outubro de 2025

A Coruña máis inclusiva mobilizou a 15.000 persoas na XI Carreira ENKI

A alcaldesa, Inés Rey, participou nos actos celebrados este sábado

Este sábado celebrouse a décimo segunda edición da Carreira ENKI, unha iniciativa organizada pola fundación homónima e apoiada polo Concello, que, desde hai unha década, promove valores como a visibilización dos colectivos con diversidade funcional, a educación integradora e tamén a inclusión social.

Unhas 15.000 persoas participaron este ano na proba, que se desenvolveu na tarde deste sábado e que contou coa presenza da alcaldesa, Inés Rey, que estivo acompañada pola concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez. Trátase dun evento aberto a todos os públicos, lúdico e non competitivo, ideado para o goce das persoas asistentes nun formato de circuíto de obstáculos adaptados na contorna do paseo do Parrote.

A recadación final da Carreira ENKI 2024 destinarase á adquisición de material deportivo adaptado, así como á posta en marcha de actividades de ocio e deporte nas entidades sociais. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión