9 de outubro de 2026
A terceira edición do evento incluirá probas de vela, piragüismo e paddle surf na baía coruñesa
A cidade acollerá durante os meses de outubro e novembro unha nova edición do A Coruña Nautical Festival, unha cita que reunirá máis dun milleiro de deportistas arredor de catro competicións de vela, piragüismo e paddle surf que se desenvolverán na baía coruñesa. O evento está organizado polo Real Club Náutico da Coruña e o Club Náutico Marina Coruña, coa colaboración do Concello da Coruña e das federacións galega e estatal das diferentes disciplinas.
A terceira edición do festival combinará competicións de vela de cruceiro, vela lixeira, vela base, piragüismo e paddle surf, consolidando un formato multidisciplinar que se converteu nunha referencia dentro do panorama náutico galego.
O festival arrancará este sábado (14.00 horas) coa celebración do Trofeo Cidade da Coruña das clases 420 e Snipe, unha competición organizada polo Real Club Náutico da Coruña. A primeira categoría está considerada unha das principais canteiras da vela olímpica, mentres que a clase Snipe continúa sendo unha das máis prestixiosas dentro da vela nacional. O domingo e o luns as regatas arrincarán ás 11.00 horas e a entrega de trofeos será o luns ás 17.00 horas no Edificio Deportivo do Real Club Náutico.
Posteriormente, o 18 de outubro, celebrarase o Cidade da Coruña de Dragón Boat, unha proba de piragüismo que reunirá arredor de 500 palistas procedentes de Galicia e doutras comunidades autónomas. A competición, de carácter aberto, contará tamén cunha regata específica para deportistas afectadas por cancro de mama, coincidindo cunha data especialmente significativa para a sensibilización sobre esta enfermidade.
O Trofeo Isabel Zendal e a promoción da vela feminina
Os días 24 e 25 de outubro será a quenda do Trofeo Isabel Zendal Feminino, unha das competicións femininas máis destacadas do calendario estatal. Tomarán parte oito equipos procedentes de diferentes puntos de España en regatas disputadas con embarcacións monotipo J80 da Escola Abanca do Náutico coruñés.
Entre as participantes figuran regatistas de primeiro nivel, incluídas deportistas olímpicas como Sofía Toro e Natalia Vía-Dufresne.
Novembro pechará o festival coa vela base e o paddle surf
A programación concluirá en novembro cunha cita dedicada á vela de base da clase Optimist, que reunirá máis de 150 regatistas das categorías infantil e alevín procedentes de toda Galicia. A competición será ademais clasificatoria para o Campionato de España.
O programa completarase cunha exhibición de paddle surf dirixida pola campioa mundial Esperanza Barreras, que estará acompañada pola campioa olímpica Sofía Toro, reforzando así a presenza de dúas das principais deportistas galegas vinculadas ao mar.
O Concello da Coruña colabora un ano máis nesta iniciativa, que combina deporte de alto nivel, promoción da vela e do piragüismo, actividade económica e proxección exterior da cidade a través do seu vínculo co mar.
A nova tempada terá como principal novidade os Concertos contados, un formato que se converte no eixo vertebrador da programación da orquestra. A través desta proposta, a pianista e divulgadora Andrea Vilar acompañará ao público na escoita das obras, ofrecendo contexto histórico, claves de interpretación e conexións coa literatura, o cine e outras disciplinas artísticas.
Durante a presentación, Gonzalo Castro destacou a importancia do labor desenvolvido pola formación ao longo dos seus dezasete anos de traxectoria. "A Orquesta Gaos é unha das grandes embaixadoras culturais da Coruña e un exemplo de como a música clásica pode chegar a públicos diversos sen renunciar á excelencia artística", sinalou o edil.
Tres grandes citas no Teatro Colón
A programación da tempada inclúe varias actuacións na Coruña, con presenza destacada no Teatro Colón. Entre elas figura Novos intérpretes, previsto para o 28 de febreiro de 2027, un concerto protagonizado polos gañadores do primeiro concurso de novos solistas promovido pola Orquesta Gaos.
Outro dos momentos centrais da tempada chegará os días 17, 18, 24 e 25 de abril coa xira galega da 'Novena Sinfonía' de Beethoven, unha produción que percorrerá Cambados, A Coruña, Mondoñedo e Carballo coincidindo co bicentenario da morte do compositor alemán. O concerto do Teatro Colón terá lugar o 18 de abril e reunirá á Orquesta Gaos, ao Coro Gaos e aos solistas Ruth Terán, Julia Merino, Pancho Corujo e Borja Quiza.
A tempada concluirá en xuño con 'Diálogos con Abe Rábade', un encontro entre a orquestra e o recoñecido pianista galego que explorará repertorios inspirados na música americana e noutras linguaxes habitualmente afastadas do ámbito sinfónico. O concerto celebrarase no Teatro Colón o 27 de xuño.
Compromiso coa formación e os novos talentos
Entre as novidades destaca tamén a creación do I Concurso Orquesta Gaos de novos solistas, dirixido a intérpretes de ata 18 anos. A fase final celebrarase na Coruña o 28 de novembro e permitirá ás persoas gañadoras actuar como solistas coa formación e realizar unha gravación profesional. Castro subliñou que esta iniciativa "reforza unha das grandes fortalezas da Orquesta Gaos, que é o seu compromiso coa formación e coa promoción do talento musical emerxente de Galicia".
Fundada en 2009, a Orquesta Gaos desenvolveu máis dun centenar de concertos dentro e fóra de Galicia e reúne cada tempada arredor de 20.000 espectadores. Ademais, mantén unha intensa actividade de formación e divulgación musical, así como colaboracións con artistas de diferentes estilos e disciplinas.

7 de novembro de 2026

10 de outubro de 2026
17 de setembro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible