Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de novembro de 2026

A Coruña participa na Conferencia Mundial Cidades e Portos de Dunkerque para avanzar nos retos da transición enerxética e a relación porto-cidade

O encontro, no que participará a alcaldesa, Inés Rey, reúne a máis de 50 países para abordar desafíos e oportunidades vinculados á actividade marítima e loxística

A cidade da Coruña participa na 21ª Conferencia Mundial Cidades e Portos, organizada pola AIVP World Conference Cities & Ports en Dunkerque (Francia), un dos principais foros internacionais de reflexión e intercambio de experiencias sobre o futuro das cidades portuarias. O encontro reúne a representantes institucionais, autoridades portuarias, empresas e expertos de máis de 50 países para abordar os desafíos e oportunidades que comparten os territorios vinculados á actividade marítima e loxística.

Baixo o lema "Cities and Ports in Motion: Time for Action!", a conferencia centra os seus debates en cuestións estratéxicas como a transición enerxética, a descarbonización da actividade portuaria e industrial, a adaptación ao cambio climático, a mobilidade sostible, a innovación e os novos modelos de gobernanza entre cidades e portos.

O encontro pon de manifesto a necesidade de reforzar a colaboración entre administracións, institucións portuarias e cidadanía para impulsar proxectos que combinen crecemento económico, sustentabilidade ambiental e mellora da calidade de vida urbana. Neste sentido, a cooperación entre cidade e porto consolídase como un elemento clave para afrontar os retos da competitividade, a atracción de investimentos e a transformación ecolóxica dos territorios costeiros.

A elección de Dunkerque como sede desta edición responde á súa condición de referente europeo en materia de transición industrial e enerxética. A cidade francesa está a desenvolver importantes iniciativas vinculadas á economía verde, a produción de baterías eléctricas, o hidróxeno renovable e a descarbonización das súas actividades industriais e portuarias.

Para A Coruña, a participación neste foro supón unha oportunidade para compartir experiencias con outras cidades portuarias de referencia internacional e reforzar o seu posicionamento como unha cidade atlántica comprometida coa innovación, a sustentabilidade, a economía azul e o desenvolvemento de proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida da cidadanía.

Así mesmo, a presenza da alcaldesa, Inés Rey, permitirá dar visibilidade ao traballo que está a desenvolver A Coruña en ámbitos como a transformación urbana, a innovación, a sustentabilidade e a integración dos espazos vinculados ao porto na estratexia de desenvolvemento da cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión