Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xullo de 2020

A Coruña produce o Final Learning Log do proxecto Ru:rban

O Concello da Coruña e o equipo implicado na execución do proxecto Ru:rban produciu o Final Learning Log (FLL), o documento que capitaliza as aprendizaxes da cidade derivadas da súa participación na rede de transferencia URBACT.

O Concello da Coruña e o equipo implicado na execución do proxecto Ru:rban produciu o Final Learning Log (FLL), o documento que capitaliza as aprendizaxes da cidade derivados da súa participación na rede de transferencia URBACT.

Os proxectos URBACT baséanse na transferencia de boas prácticas dunha cidade a unha rede de cidades, das cales A Coruña forma parte. No caso do proxecto Ru:rban, a boa práctica está liderada polo Concello de Roma, unha cidade que conta cunha ampla experiencia na xestión e regulación de hortos urbanos.

Ao longo destes estes meses de implementación, o equipo municipal da Coruña tivo a oportunidade de participar en múltiples encontros de intercambio internacional, onde as distintas cidades compartiron a súa experiencia na xestión de hortos urbanos. Estes encontros foron claves para ampliar a visión dos xestores de hortos urbanos da Coruña e fortalecer a aposta do concello por uns hortos urbanos máis sustentables e mellor xestionados.

O Final Learning Log que produciu A Coruña resume o punto de partida no que se encontraba a cidade antes de participar no proxecto e resume as principais aprendizaxes e éxitos acadados. O principal éxito do Ru:rban na Coruña foi a definición dunha nova estratexia local con hortos urbanos. Os obxectivos desta estratexia son definir novos servizos de apoio para os membros da comunidade que traballa nos hortos (1) e establecer mecanismos regulatorios a longo prazo (2).

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión