Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de marzo de 2022

A Coruña promociónase en Madrid coa música da Orquesta Sinfónica de Galicia

A alcaldesa e presidenta do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Inés Rey, asistiu ao concerto no Auditorio Nacional, ao que acudiron múltiples profesionais e especialistas do sector turístico do país

A alcaldesa da cidade e presidenta do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Inés Rey, asistiu o pasado venres ao concerto ofrecido pola Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) no Auditorio Nacional de Madrid, co gallo do trixésimo aniversario da formación que dirixe, desde hai nove anos, Dima Slobodeniouk, na súa derradeira tempada á fronte da mesma. 

O evento, ao que asistiron múltiples representantes do sector turístico, serviu para promocionar a excelencia turístico-cultural e gastronómica da cidade, así como a súa capacidade para acoller grandes eventos sociais e musicais, unha das apostas de Inés Rey para asentar á Coruña como referente no noroeste de España no ámbito cultrural e no do ocio. Neste ano 2022, A Coruña acollerá máis de 60 eventos que poñen de manifesto a capacidade da cidade para atraer e consolidar citas culturais e artísticas de referencia.

Ao concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia no Auditorio Nacional de Madrid asistiron o responsable da Subdirección de Estratexia e Servizos ao Sector Turístico de Turespaña, Felipe Formariz; a directora xeral e a secretaria xeral do Spain Convention Bureau, Violeta Matas e Marta García; a conservadora do Museo Thyssen-Bornemisza, Dolores Delgado; o director comercial de Iberia Lineas Aéreas, Víctor Moneo; e o director comercial de Renfe España, Francisco Meleo, entre moitos profesionais e especialistas do sector.

As convidadas e convidados foron obsequiados con información turística da cidade, discos da Orquesta Sinfónica de Galicia e a Orquesta de Cámara Galega, ademais de repostería coruñesa. A alcaldesa, Inés Rey, amosou o compromiso do Concello para posicionar á Coruña como o destino de referencia no noroeste peninsular, facendo referencia a unha das máximas da cidade. "A Coruña é a cidade na que ninguén e forasteiro. Así foi e así será sempre. Unha cidade amigable e aberta á xente, que este ano será un polo de atracción para grandes eventos. En definitiva, unha cidade que avanza e na que damos a benvida a todas e todos".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión