Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de setembro de 2021

A Coruña recupera a proba da natación en augas abertas, Travesía Costa C10000

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou esta proba que terá lugar entre a praia do Matadoiro e a dársena do Parrote.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou esta maña unha nova edición da Travesía Costa C10000, que volve este sábado ás nosas augas tras catro anos de ausencia coa participación de case un cento nadadoras e nadadores. O epicentro da proba será a zona do Parrote. Trátase, explicou a concelleira, dunha das probas máis intensas na disciplina de natación en augas abertas, polo que a organización decidiu ofrecerlle ás persoas participantes unha alternativa corta de 5.000 metros de distancia, C5000, que sairá da praia de Santo Amaro.

A concelleira sinalou que o noso mar volve ser escenario, catro anos despois, dunha das probas máis espectaculares que se celebran na cidade da Coruña, a Travesía C10000 que sae desde as augas da praia de Berbiriana (Matadoiro) bordeando a Torre de Hércules para chegar ao centro da cidade na zona do Parrote. "Unha travesía que, sen dúbida, amosa unha privilexiada vista da Coruña dende o mar. Unha cidade que merece ser vista dende todos os ángulos, unha cidade sempre aberta", dixo.

Esta proba, sinalou, ten, ademais, un valor moi especial pola intención do Goberno que dirixe Inés Rey de "volver a nosa cara ao mar; a costa coruñesa é unha instalación natural inmellorable que ensina a coñecer e aprender a querer e respectar o mar como fonte de riqueza, pero tamén como lugar de pracer, diversión e actividade física". Deste xeito, apuntou a edil, a volta da C10000 será seguro unha festa da natación.

Para a responsable de Deportes, a pandemia deixounos algunha que outra lección positiva, como descubrir de novo a importancia de facer deporte ao aire libre, de gozar da natureza para o noso benestar e saúde, sendo as augas abertas un dos deportes que se viu beneficiado á hora de captar persoas  afeccionadas. "Así pois, a volta da C10000 será seguro unha festa da natación", dixo.

Con esta proba, que ten como percorrido desde a praia do Matadoiro ata a zona do Parrote ponse punto final á Travesía Costa Desarrolla By Duacode, aínda que non terá puntuación para a clasificación final.

A entrega do premios deste circuíto que se realizou este verán en distintos puntos da provincia da Coruña terá lugar o sábado, coincidindo coa celebración na cidade do Festival Mar de Mares, un encontro que ten como obxectivo a preservación dos nosos mares, unha filosofía baseada no coidado do medio ambiente que comparte desde os seus inicios o Circuíto Travesía Costa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión