Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xuño de 2022

Comeza a cita en Palexco dun evento no que participan representantes institucionais e expertos en turismo MICE procedentes de máis de medio centenar de destinos

A Coruña, referente nacional do turismo de reunións e congresos coa celebración da asamblea do Spain Convention Bureau

Durante as xornadas analizaranse as principais novidades e innovacións postas en marcha dentro do sector turístico de reunións e congresos

A Coruña transfórmase esta semana no referente nacional do turismo de reunións e congresos. A cidade herculina acolle hoxe e mañá a XXV Asemblea Anual do Spain Convention Bureau, un evento que se desenvolve en Palexco e no que se dan cita representantes institucionais e expertos en turismo MICE de máis de medio centenar de destinos de congresos.

Ao longo das xornadas analizaranse as principais novidades e innovacións do sector de reunións. Un dos obxectivos da conferencia é debater e acordar unha estratexia común de promoción a nivel nacional e internacional. 

Entre a programación do evento, que se inaugurou hoxe, destacan conferencias e mesas redondas sobre o negocio corporativo, a importancia da Marca España no turismo MICE ou os impactos positivos e o legado herdado no sector. A Asemblea Anual do Spain Convention Bureau celebrarase mañá ás 12:00 horas. O calendario completo de actividades está dispoñible en https://scb.es/asambleacoruna2022. Á cita asisteu o concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego.

A Coruña Convention Bureau

O Spain Convention Bureau está formado por 59 destinos de reunións e eventos e constituíuse no seo da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Dentro destas localizacións, a cidade herculina e A Coruña Convention Bureau destacan como polo de referencia para a atracción de grandes eventos e reunións profesionais.

A institución coruñesa está a cargo da promoción técnica e especializada da Coruña para o fomento do turismo MICE, un obxectivo que comparte coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a través da ampliación e o desenvolvemento de novas infraestruturas sostibles coas que seguir facendo da cidade un referente para o turismo de congresos e de grandes eventos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión