Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xuño de 2022

A Coruña será a sede da Tall Ships Races Magallanes-Elcano no seu regreso á Península Ibérica en 2023

As regatas terán lugar na cidade do 24 ao 27 de agosto, logo do seu comezo en Reino Unido

A Coruña acollerá o próximo ano as regatas de altura Magallanes-Elcano, unha competición que regresa á Península Ibérica despois de sete anos. Nesta nova edición, a serie réndelle homenaxe á primeira circunnavegación do mundo, realizada fai máis de 500 anos por Fernando de Magallanes e Sebastián Elcano, unha das viaxes máis importantes da historia da navegación marítima.

A Coruña foi escollida como unha das sedes do evento na volta á Península Ibérica, sendo o primeiro destino español da carreira. As Tall Ship Races, que terán lugar no 2023, comezarán o 15 de agosto en Falmouth, Reino Unido, a primeira parada do itinerario e a única fóra do territorio peninsular. A Coruña recibirá ás embarcacións do 24 ao 27 de agosto, con participantes e espectadores chegados de toda Europa.  As Tall Ships Races é un evento con frotas de prestixio mundial, o que supón un paso máis no obxectivo do Goberno de Inés Rey en converter a cidade nun referente de eventos e actividades de carácter internacional.

Tras o seu paso pola Coruña, a Tall Ship Races achegarase á capital portuguesa do 31 de agosto ao 3 de setembro, regresando ao territorio español para o seu peche na cidade andaluza de Cádiz, do 7 ao 10 de setembro. Deste xeito, A Coruña consolídase como referente nacional e internacional dos deportes náuticos acollendo unha da probas máis prestixiosas do calendario mundial.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión