Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de julio de 2022

O evento levarase a cabo na cidade entre os días 22 e 29 de setembro

A Coruña será a sede nacional das actividades de celebración do Día da Policía Nacional

Inés Rey destaca o interese da cidade por acoller estas celebracións que van na liña de posicionar á cidade como referencia dos grandes eventos

Esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, acompañou aos mandos da Policía Nacional de Galicia na presentación do programa de actividades con motivo do Día da Policía Nacional. A cita terá lugar na Coruña entre os días 22 e 29 de setembro e participarán axentes do corpo de toda España.

A alcaldesa, Inés Rey, quixo agradecer ao Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, e ao Director Xeral da Policía, Francisco Pardo; que escollesen A Coruña como sede para celebrar os seus actos centrais "atendendo ao interese mostrado pola cidade para celebrar este evento e a nosa política de apostar polos grandes eventos". Durante o 22 e 29 de setembro, levaranse a cabo varias actividades lúdicas nas que a cidadanía poderá participar para coñecer o traballo da Policía Nacional. Entre a oferta atópanse concertos, carreiras deportivas, exposicións, conferencias e demostracións pensadas para todos os públicos. Unha variada programación que "van na liña desta cidade referente en grandes eventos culturais e deportivos e de actividades sociais e divulgativas pensadas na cidadanía", sinalou Inés Rey. 

Como actividades máis sinaladas, o Palacio da Ópera acollerá un concerto da Banda Sinfónica da Policía (23 de setembro), demostracións de actuacións policiais no Coliseum, orientadas principalmente ao público infantil (24 de setembro) e unha carreira policial nocturna, que terá a súa saída do monumento aos Heroes do Orzán como homenaxe aos 3 policías que perderon a vida fai 10 anos nunha actuación de urxencia. Ademais, o 28 de setembro, terá lugar a gala de premios da Policía Nacional en PALEXCO, antesala do acto final de conmemoración da Policía Nacional que terá lugar o 29 de setembro na praza de María Pita, ao que asistirá o Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska.

No acto de presentación da programación estiveron presentes o Xefe Superior da Policia de Galicia, Ramón Gómez Nieto; o Delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones; a subdirectora Xeral de Gabinete Técnico e Comisaria Principal, Eulalia González e a subdelegada do Goberno na Provincia da Coruña, María Rivas.

Recepción ás novas incorporacións na Xefatura superior da Policía Nacional de Galicia

Tras a presentación das actividades polo Día da Policía Nacional, celebrouse o acto de incorporación de policías nacionais á Xefatura Superior de Policía de Galicia. Nel participou a alcaldesa, Inés Rey, xunto co Xefe Superior da Policía de Galicia, Ramón Gómez Nieto, para dar a benvida ao alumnado en formación.

"Sei que hoxe é un día moi especial" sinalou a alcaldesa, "porque pasades a formar parte dun proxecto para o que vos preparastes con moita dedicación, e a vosa ilusión, vocación e ganas son moi necesarias para manter viva esta institución." Ademais, Inés Rey quixo destacar o incremento na incorporación de mulleres ao corpo da Policía Nacional. "Un espazo no que aínda somos minoría, mais que aos poucos comeza a visibilizar que somos a metade da poboación" concluíu a rexedora.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión