Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de novembro de 2019

A Coruña sitúase como a cidade cun maior crecemento turístico da franxa noroeste

Poucos destinos do Estado tiveron un incremento maior que o que obtivo este verán e que supón unha mellora do 18,2%, segundo o balance realizado por Exceltur no segundo cuadrimestre de 2019

A Coruña sitúase como líder na suba do crecemento turístico da zona norte, segundo o Balance da rendibilidade e o emprego dos 105 principais destinos turísticos españois urbanos e de vacacións que realizou Exceltur do segundo cuadrimestre de 2019. O estudo revela un incremento do 18,2% do seu índice RevPAR e sitúase como a cidade que máis subiu dentro da comunidade galega, seguida de Lugo, cun aumento do 15,9%; Pontevedra, +11,6%; e Santiago de Compostela, cun 6,8% máis dun valor que mide os ingresos por habitación dispoñible. Da franxa noroeste do país, A Coruña é a que obtivo unha maior demanda turística con respecto aos números anteriores. A súa suba é maior con respecto a outras capitais como Santander, que ve incrementada a resposta das/os visitantes nun 2,8%; San Sebastián, onde a rendibilidade sobe un 5,5% ou Bilbao, que se vai ata un 8,7% máis. Deste xeito, lidera o RevPAR urbano durante o verán con 157,6 euros por riba dos outros destinos de vacacións.

Esta tendencia á alza dáse tamén no resto do Estado, onde a media do RevPAR aumenta un 10,6% e chega aos 85,2 euros. Isto vén da man dun incremento do emprego do 4,6%, que supón 14.736 persoas en activo máis.

Unha das razóns destes bos resultados socioeconómicos está en que a poboación estranxeira se decantou este verán por achegarse ata a península. En concreto, A Coruña recibiu un 14,2% máis de visitantes de fóra. Neste punto, volve a estar mellor parada que as demais cidades de tamaño medio como Bilbao (+7,4%), San Sebastián (+10,9%), Murcia (+12,5%) ou Granada (+6,9%). O ascenso é maior que o que se produciu en grandes cidades como Madrid, onde pernoctaron un 10,3% máis de persoas estranxeiras, ou Barcelona, en que o fixeron un 6,5% máis. Valencia (+7,1%), Sevilla (+5,7%) ou Málaga (+5,3%) confirman a boa posición da cidade no ránking feito por Exceltur, que publica cada catro anos unha análise do comportamento turístico das cidades. Na última realizada en 2016, A Coruña aparecía no posto 20 de 22 destinos, polo que todo fai prever que no seguinte, que sairá en 2020, as estatísticas serán favorables para a urbe.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión