Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de diciembre de 2019

A DOMUS acolle hoxe a 10.ª Reunión de mozos investigadores no estranxeiro

A concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Martínez Acón participou na clausura desta xornada e destacou a importancia e a necesidade deste tipo de eventos para lle dar visibilidade ao gran labor destes talentos tan novos

O Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) organizou, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses, a 10.ª Reunión de mozos investigadores no estranxeiro que se realizou esta mañá na DOMUS e onde máis dunha vintena de profesionais da investigación de Galicia presentaron os traballos que están a desenvolver en centros internacionais de recoñecido prestixio.

A concelleira de Innovación, Eva Martínez Acón, destacou a importancia destas xornadas para recoñecer o traballo e o esforzo destas mozas e mozos na súa terra, e tamén sinalou a necesidade de incrementar as partidas en I+D para crear "unha base para o futuro e así evitar a emigración dos nosos talentos". Acón asegurou que isto é "un investimento que terá beneficios ao longo prazo".

Entre os grandes obxectivos do Goberno local dixo, "está o de construír a cidade das TIC para que o coñecemento se una, para que a universidade nos nutra de nomes coma os que hoxe soben polo seu premio e que as súas capacidades revertan en proxectos tanxibles".

Canto ás e aos premiados, Jesús Mosquera recibiu o premio Ángeles Alvariño á Mellor Traxectoria Profesional, un galardón outorgado polos Museos Científicos do Concello da Coruña e entregado pola concelleira. Alba Trueba Santiso recibiu o premio ao traballo presentado con maior impacto social, un mérito outorgado por Hijos de Rivera, S.L. e entregado por Jose M. L. Vilariño, responsable da área de I+D da mesma compañía. Pola súa banda, María Vieites Díaz recibiu o Premio á Mellor Traxectoria Profesional "Científica Xove Menor de 30 Anos", galardón outorgado pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia (AMIT- Gal) e entregado por Ana Jesús López Díaz, presidenta desta entidade.

Nesta edición tamén se lles entregaron mencións por parte das entidades colaboradoras a investigadores, xornalistas, entidades privadas e divulgadoras e divulgadores científicos para agradecer o seu labor e esforzo para visibilizar e axudar a mellorar o sistema I+D+i.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión