Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de agosto de 2020

A Estación de Autobuses cumpre 45 anos

Inaugurouse o 20 de agosto de 1975 e durante anos estivo considerada como unha das estacións máis modernas e funcionais de España

.- Mañá cúmprense 45 anos da inauguración da Estación de Autobuses da Coruña, que foi construída polo Ministerio de Obras Públicas e cuxa política en relación cos transportes de viaxeiros daquela estaba orientada a que o tráfico de autobuses interurbanos non afectase ao centro urbano das poboacións. Ao mesmo tempo, aquel Goberno intentaba dotar os pasaxeiros e pasaxeiras de recintos pechados, con toda clase de instalacións para lles facer máis confortable a súa viaxe, tanto desde o punto de vista da espera ata a chegada.

Para a súa localización elixíronse os terreos da antiga Estación ferroviaria do Norte, que naquel entón, aínda que xa formaba parte do centro urbano, non estaba tan  densificada como na actualidade e ocupaba unha parcela duns 24.000  m2. A estación inaugurouse o 20 de agosto de 1975 e estivo considerada durante anos como unha das máis modernas e funcionais de España.

A instalación proxectouse con tres seccións diferenciadas polas súas características e usos: zona de viaxeiros, zona de equipaxes ou mercadorías e zona de dársenas.

Desde a súa construción, a Estación de Autobuses sufriu diversas reformas para tentar adaptar as súas instalacións ao desenvolvemento urbanístico, tecnolóxico e de mobilidade que experimentou a cidade. Sirva como exemplo disto a construción dunha gran porta de entrada e saída no acceso principal, que substitúe ás portas orixinais de entrada e saída localizadas nos laterais.

Hoxe en día, a estación herculina conta con aproximadamente un total de 120.779 saídas de autobuses ao ano e 122.899 chegadas.

Ademais da xestión dos transportes interurbanos de viaxeiros actualmente neste  edficio instaláronse a Sala de Control de Tráfico da Ciudad, Servizo Municipal de Movilidad, a Tarxeta  Millennium Coruña e o Servizo de Rehabilitación e Vivenda.

Aínda que ata o momento segue prestando os seus servizos como estación de autobuses, o incremento da mobilidade e as novas esixencias dos viaxeiros, así como a necesidade de interconectar a Mobilidade no ámbito Metropolitano conleva a necesidade dunha estación Intermodal que está prevista construír proximamente na zona da  Sardiñeira. o cal condicionará o futuro da estación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión