Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de noviembre de 2022

A mostra, aberta ata o día 8 de xaneiro na Casa Museo Casares Quiroga, convida a reflexionar sobre as consecuencias dos conflitos armados na sociedade

A exposición ‘Arte e memoria democrática’ percorre o impacto social dos conflitos bélicos a través de obras de Picasso, Goya e Luís Seoane

O concelleiro Jesús Celemín subliñou que “as institucións públicas temos o deber de traballar pola divulgación histórica e contribuír a esclarecer o pasado, especialmente o que ficou silenciado”

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, presentou esta mañá a mostra 'Arte e memoria democrática: a guerra e o seu relato na arte contemporánea en Galicia', unha exposición organizada polo Concello que, a través da expresión artística, convida a unha reflexión sobre o impacto dos conflitos armados sobre as persoas, tamén sobre as súas consecuencias e a dor que as guerras deixan tras de si.

A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 8 de xaneiro na Casa Museo Casares Quiroga. Inclúe gravados como os 'Desastres da Guerra', onde Francisco de Goya reflicte, cunha visión moderna e comprometida, a violencia, a crueldade e a morte; tamén o traballo de Pablo Picasso, cos seus gravados de 'Soño e mentira de Franco', a través dos cales denunciou o levantamento militar que provocou a Guerra Civil. 

A exposición reúne, ademais, obras de recoñecidos artistas como Castelao, Luís Seoane, Arturo Souto, Isaac Díaz Pardo, Manuel Colmeiro, Xosé Conde Corbal e Xaime Quessada,  que tamén se situaron en contra da violencia, a represión e a guerra. Todos eles canalizaron, por medio da arte, o seu compromiso e denuncia contra o sufrimento.

O concelleiro Jesús Celemín subliñou que "as institucións públicas temos o deber de traballar pola divulgación histórica e contribuír a esclarecer o pasado, especialmente o que ficou silenciado". Para isto, continuou Celemín, "a arte ten a capacidade de transmitir realidades á cidadanía, tamén a memoria, e o Goberno de Inés Rey está firmemente comprometido con esta causa".

Ademais, o catálogo da mostra 'Arte e memoria democrática: a guerra e o seu relato na arte contemporánea en Galicia' pode descargarse, de forma gratuíta, no arquivo adxunto a esta nova.

O Concello e a UNED colaboran nun ciclo de conferencias paralelo á mostra

Este venres, ás 17.00 horas, o Centro Asociado da UNED na Coruña abre as súas portas á presentación do ciclo de conferencias 'Arte e memoria democrática', unha actividade promovida polas áreas de Educación e Memoria Histórica, en colaboración coa UNED, e que se leva a cabo en paralelo á mostra da Casa Museo Casares Quiroga.

Este ciclo, dirixido por Rosario Sarmiento e que terá continuidade ata mediados de decembro, abrangue cinco sesións, en formato mesa redonda, nas que historiadores e historiadoras e especialistas deste ámbito abordarán temas como a violencia e a guerra e o seu reflexo na arte contemporánea en Galicia, o exilio como vía de expresión intelectual e artística e o compromiso dos creadores plásticos fronte á realidade que lles tocou vivir.

Á primeira das conferencias, 'Arte e guerra, e o seu relato na arte contemporánea en Galicia', que se impartirá esta tarde na UNED (17.00), seguirán outras catro sesións. Os días, horarios e localizacións previas son os seguintes:

  • 8 de novembro (18.30 horas), na Casa Museo Casares Quiroga: 'O exilio e a súa memoria como creación intelectual e artística', coa participación de Abdón Mateos, catedrático de Historia Contemporánea da UNED.
  • 24 de novembro (18.30 horas), na Casa Museo Casares Quiroga: Mesa redonda 'Creación plástica e compromiso', coa participación de José Mª Luna director da Agencia Pública para la Gestión de la Casa Natal de Pablo Picasso; Miguel Anxo Seixas, vicepresidente da Fundación Castelao; e José Gómez Alén, da Fundación Xaime Quesada Blanco.
  • 13 de decembro (17.00 horas), no Centro Asociado da UNED na Coruña: Mesa redonda 'Os artistas da vangarda histórica española: Guerra e exilio', coa participación de Mónica Alonso, do departamento de Historia da Arte da UNED); Inmaculada Real, do departamento de Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid) e María Vitoria Carballo-Calero, do departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo e Real Academia Galega de Belas Artes.
  • 15 de decembro (18.30 horas), na Casa Museo Casares Quiroga: Percorrido guiado pola mostra 'Arte e memoria democrática', con Rosario Sarmiento, directora do ciclo de conferencias e comisaria da exposición artística.

As conferencias tamén poderán seguirse por vía telemática, a través da canle das áreas municipais de Educación e Memoria Histórica en YouTube.

Documentos:

Catálogo 'Arte e memoria democrática' (6 MB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión