Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de abril de 2022

A feira de ideas do “Proxecto Inicia 2022 de Difusión da Cultura Emprendedora”

Celebrada no Centro Ágora premia a estudantes dos centros de formación pola innovación e sentimento emprendedor.

A feira de ideas do "Proxecto Inicia 2022 de Difusión da Cultura Emprendedora" celebradano Centro Ágora premia a estudantes dos centros de formación pola innovación esentimento emprendedor.

O pasado martes 29 de marzo, como parte do Programa Inicia, celebrouse no centro Ágoraunha feira de ideas con participantes de varios centros educativos da Coruña. Cada grupotiña que crear unha empresa e idea de negocio - ou proxecto - para presentala ao público edefendela fronte unha chea de visitantes curiosos/as, que paseaban entre os distintospostos preguntando e indagando sobre a viabilidade e innovación das distintas iniciativas.

A xuventude tiña que dar todo de sí nas súas exposicións xa que pola tarde, previa áclausura da xornada, era a entrega de premios á "Formación para Emprender".A equipa do P.E. Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos da Coruña encargada daxestión cultural asistiu á xornada para coñecer de primeira man a cada emprendedor eemprendedora que logrou un posto na feira, indagando nos procesos creativos e dematerialización das propostas, dende o seu primeiro boceto ata o resultado final.

Os gañadores nomeados na clausura foron:

3º - Insectlife, equipa de xestión administrativa do CPR Nebrija.

2º - REDucaT, equipa de animación 3D, xogos e entornos interactivos do CIFP Imaxe e Son.

1º - TUBIK, equipa de instalación e amoblamento do IES Rosalía Mera.

Pero noraboa a todas e todos, e que todos os proxectos teñan un oco no futuro!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión