Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2020

A final do concurso A maxia da robótica realizarase o venres 27 de novembro no Centro Ágora

Así mesmo, realizarase a entrega de premios a cargo do concelleiro de Educación e do presidente de Igaciencia

A final do concurso A maxia da robótica. Obradoiro e concurso galego de robótica 2020-2021 realizarase o venres 27 de novembro pola tarde no Centro Ágora, cuxa capacidade se verá limitada ao público por mor das medidas de restrición fronte á COVID-19.

Nesta final, as dúas persoas con mellor puntuación en cada un dos grupos (primaria a 3.º de ESO ou 4.º de ESO, Bach e FP) deberán realizar cinco pequenas probas. A continuación, realizarase a entrega de premios, a cargo do concelleiro de Educación, Jesús Celemín Santos, e do presidente de Igaciencia, Manuel Díaz Regueiro.

Premios

O Concello da Coruña concede dous premios de material por valor de 300 euros aos dous centros do concello que consigan a mellor puntuación, un en cada unha das categorías. Cada centro só pode recibir un premio.

Para os centros de fóra do Concello da Coruña, Igaciencia concederá un equipo Lego NXT (válido para programar con EV3) para aquel que consiga a mellor puntuación.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión