26 de xaneiro de 2023
A gala da tempada, que se realiza este xoves desde as 20.00 horas no Ágora, poderá seguirse en directo
Como bo 'late night', a gala de Coruña Corre, que se realiza este xoves a partir das 20.00 horas no Ágora, tamén dá o salto ás pantallas e poderá seguirse en directo.
O circuíto Coruña Corre pon o seu broche á tempada 2022 e dá a benvida a 2023 cun show nocturno que conducirá o animador das carreiras populares da cidade herculina, Xalo Maira.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidirá a gala, que será retransmitida por Internet para que todas as persoas que o desexen poidan seguila en directo desde os seus dispositivos (ordenadores, tabletas, teléfonos...).
Sete foron as probas do circuíto en 2022 e neste 'late night' entregaranse os premios da tempada que concluíu o mes pasado.
Coruña Corre recuperou cifras de participación anteriores á pandemia con 7.969 persoas que remataron as carreiras e 12.124 persoas inscritas no acumulado anual, o mellor dato dos últimos sete anos.
12 de febreiro de 2023
10 de febreiro de 2023
8 de febreiro de 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible