Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xaneiro de 2020

A irmá de John Lennon presenta hoxe no Colón o videoclip que protagoniza sobre o Camiño Inglés

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá a Julia Baird no concello xunto a Javier Gurruchaga e Carolina Rubirosa, que cantarán en directo a banda sonora da peza audiovisual composta pola artista coruñesa e temas como “Imagine”

A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, recibiron esta mañá no concello a irmá de John Lennon, Julia Baird; o cantante Javier Gurruchaga e mais a Carolina Rubirosa, quen lle puxo banda sonora ao vídeo promocional do Camiño Inglés "O teu camiñar", que protagoniza Baird, e que presentará ás 20.30 horas no Teatro Colón xunto ao libro "Imagine this. Crecendo co meu irmán John Lennon". A rexedora sinalou que hoxe é un día moi cultural e agradeceu a presenza dos autores dun videoclip co que se pretende publicitar "un dos puntos que estamos potenciando desde o Concello e Turismo para este ano". Pola súa parte, Rey conversou con Baird, quen lle asegurou que A Coruña lle recorda a Liverpool e que "se sente moi a gusto nela, desfrutando de poder traballar con nós". Ademais, asegurou que a canción que compuxo Carolina para o vídeo "O teu camiñar" emociona.

Pola súa parte, Gurruchaga contou que ten unha amizade cos promotores e con Ruibosa e Julia desde hai anos e que a actuación desta tarde é unha débeda pendente: "Realizamos a presentación a semana pasada en Madrid, un libro de aventuras e desventuras familiares en que a autora reivindica o papel da súa nai e de John e puntualiza cuestións que se desvirtuaron da realidade". Dixo estar contento de estar con ela aquí para cantar "Imagine" no teatro Colón con Carolina e a complicidade dos e das coruñesas, "nunha terra que Julia adora co Camiño de Santiago, que a punto estivo de facer o seu irmá xunto con Dalí hai 40 anos". O músico falou de que no auditorio tratarán de recuperar ese espírito dos anos 70, arroupados por "unha banda sonora estupenda coa que Carolina lle puxo música á viaxe".

Baird explicou  a súa relación coa cidade, que comezou en 2005, cando un grupo de coruñeses, presentes na cita, a convidaron a asistir á inauguración da estatua de John Lennon en Méndez Núñez. Desde entón manteñen un vínculo, que a levou o ano pasado a gravar o vídeo promovido polo Consorcio de Turismo da Coruña e a Xunta de Galicia, a través do Xacobeo XXI. Na presentación do teatro, participará tamén o concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, e a xerenta de Turismo, Lanzada Calatayud, xunto aos e ás convidadas José Enrique Duarte, mestre da Orde dos Cabaleiros de María Pita; o deputado, José Ramón Rioboo; o historiador, Felipe Senén; e a comisaria do Xacobeo XXI, Cecilia Pereira.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión