Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de setembro de 2022

A capela de San Amaro, a igrexa das Capuchinas e a Fundación Luis Seoane acollerán os seis concertos do encontro de síntese modular

A mellor música electrónica e a posta en valor do patrimonio cultural conflúen este venres e sábado na quinta edición de #Modulartec

O encontro de creación sonora comezará coa actuación de Ivanková. O sábado haberá concertos de JL Maire, Suso Saiz e André Gonçalves, M4, Frank Bretschneider e Alex Silva Trío

Este vernes e sábado desenvolverase a quinta edición de #Modulartec, o encontro que mestura música electrónica e a posta en valor do patrimonio cultural e no que poderanse desfrutar de seis concertos en espazos tan emblemáticos como a capela de San Amaro, a igrexa das Capuchinas e a Fundación Luis Seoane.

#Modulartec é un encontro anual de creación sonora que foi o primeiro evento destas características que se realizou en Galicia. Nesta quinta edición, tras os éxitos da anos anteriores,  pretendese consolidar o formato como referente dentro no noroeste español.

Este encontro de síntese modular, ademáis de ofertar a mellor música electrónica, pon en valor a riqueza do patrimonio cultural da Coruña e para iso interven nalgúns dos lugares máis emblemáticos da cidade, dotandoos dunha nova dimensión.

Nesta ocasión serán a capela de San Amaro, xoia neoclásica construída en 1834, a igrexa do antigo convento das Capuchinas erixida no século XVIII e referente do barroco da cidade; e a Fundación Luis Seoane, situada nun antigo cuartel rehabilitado.

O encontro comezará este venres, 30 de setembro, cun concerto na capela de San Amaro, ás 21 horas, de Ivanková, o proxecto en solitario de Irene de la Cueva, artista musical afincada en Galicia que recolle e reinterpreta o xénero new age e que formou parte activa do tecido underground madrileño.

O sábado haberá dous concertos na igrexa das Capuchinas. Ás 18 horas, actuará JL Maire, que traballa principalmente con sintetizadores modulares como instrumentos de reverberación e experimentación acústicas. Ás 19 horas, a igrexa acollerá a Suso Saiz e André Gonçalves. O artista portugués desenvólvese en direrentes artes pero é moi recoñecido pola seu traballo con sintetizadores modulare. Suso Saiz é un dos grandes pioneiros en España da música electrónica e a electroacústica. Conta con máis de 20 discos e numerosos premios nacionais e internacionais.

As actuacións da Fundación Luis Seoane comezarán ás 21 horas coa presenza de Iñigo Media Murua, coñecido como M4, experimentado productor e amante dos sintetizadores analóxicos e do hardware en xeral.

Ás 22 horas o turno será para Frank Bretschneider, músico, compositor e videoartista de Berlín e que na súa traxectoria experimentou con gravadoras, sintetizadores e guitarras modificadas, explorando as posibilidades de intercambio entre a arte visual e a música, entre outras experiencias.

O encontro será pechado ás 23 horas, tamén na Fundación Luis Seoane, por Alex Silva Trío. Alex Silva é un compositor e artista sonoro cuxa interpretación da música electrónica está moi influenciada pola súa experiencia en bandas punk.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión