Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de xullo de 2020

A Mesa polo Desenvolvemento Urbano Sustentable debate os novos criterios interpretativos do PXOM para facilitar a tramitación de licenzas

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, expuxo as liñas de traballo seguidas pola concellería durante os últimos meses salientando o impulso ás modificacións do plan de ordenación en marcha.

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, presidiu esta semana en María Pita a segunda sesión ordinaria da Mesa polo Desenvolvemento Urbano Sustentable co obxectivo de establecer novos criterios de actuación nos documentos urbanísticos da cidade, tanto no PXOM coma no PEPRI. Na Mesa están representados os principais colectivos vinculados co desenvolvemento urbano da cidade: promotores, construtores e colexios profesionais de arquitectos e arquitectos técnicos.

A finalidade da sesión, que estaba prevista para o mes de marzo e tivo que ser suspendida con motivo da pandemia da  Covid-19, é a posta en común das achegas presentadas polos diferentes colectivos relacionadas cos cambios nos criterios interpretativos da normativa do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e do PEPRI co fin de aclarar determinados artigos de ambos os documentos, e facilitar a tramitación das licenzas municipais.

O concelleiro de Urbanismo e a directora da área, acompañados dos xefes de servizo e técnicos municipais, expuxeron as liñas de traballo seguidas pola concellería durante os últimos meses para impulsar a modificación de determinadas normas zonais do plan e a tramitación das licenzas. Tamén se fixo referencia aos traballos que se están realizando para axilizar os trámites urbanísticos, como a simplificación e aclaración da documentación para presentar e obter unha licenza ou o incremento dos medios telemáticos.

Neste sentido resaltou o traballo realizado polas e polos funcionarios da concellería durante os meses de confinamento, que non só non se viu afectado pola pandemia senón que incrementou a súa intensidade superando á de anos precedentes cun menor número de medios persoais, o cal se viu reflectido nas cifras de concesión de permisos, no desbloqueo de proxectos de xestión e planeamento, nos traballos realizados en materia de rehabilitación e vivenda ou no impulso á licitación de obra pública que sitúa A Coruña á cabeza das cidades galegas.

O concelleiro animou as persoas integrantes da Mesa a seguir traballando de cara á próxima sesión co fin de que siga sendo, como até o de agora, un foro permanente de comunicación e colaboración entre os axentes públicos e privados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión