Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de abril de 2021

A negociación do novo PRESCO avanza cun elevado consenso nas propostas dos grupos

José Manuel Lage: “Estamos a traballar para obter máis recursos que sumarmos ao financiamento do plan”

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage Tuñas, destacou o elevado grao de coincidencia entre as propostas dos grupos para aprobar un novo PRESCO e salientou, tras a comisión extraordinaria en que se abordaron posibles medidas que se van implementar, a boa disposición das partes para chegar a un acordo.

O Concello, explicou Lage Tuñas, dispón de 3,6 millóns de euros de remanente, cantidade á que se lle sumará 1 millón de euros máis procedente dos remanentes do IMCE. Esa última cifra non afectará ao funcionamento normal da entidade, xa que procede do remanente de 2020 que non se puido empregar por mor da pandemia. "En todo caso, estamos a traballar para obter máis recursos que sumarmos ao financiamento do plan", explicou o voceiro. "Seguindo as indicacións da nosa alcaldesa, Inés Rey, dedicaremos todos os medios dispoñibles para axudarmos á cidadanía, por segundo ano, a aliviar os efectos da pandemia", explicou o concelleiro, quen recordou que o Concello investiu o ano pasado 13,2 millóns de euros nun primeiro PRESCO.

Lage Tuñas avanzou que a intención do Goberno, e tamén dos grupos, é elaborar un plan que conte cunha liña de axudas sociais, outra de reactivación económica con axudas directas e bonos para incentivar o consumo, e outra destinada á simplificación e dixitalización da tramitación administrativa para lles facilitar ás e aos cidadáns as xestións coa Administración local e axilizar os pagos.

O executivo agarda poder avanzar cos grupos na concreción do plan durante a segunda quincena deste mesmo mes.

O plan, indicou Lage Tuñas, terá en conta as circunstancias especiais do 2021 e buscará coordinar a acción municipal coas medidas que están a desenvolver outras administracións, para evitar solapamentos e maximizar a compatibilidade e eficacia das axudas públicas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión