Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de decembro de 2022

A nova estación de BiciCoruña da avenida de Arteixo amplía a 29 os puntos de recollida na cidade

O Concello promove a próxima semana varias xornadas de formación no servizo e unha delas coincidirá coa posta en funcionamento da nova base, unha vez finalizados os traballos de reurbanización

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, promove unha nova xornada de formación en materia de circulación e normativa dirixida ás persoas usuarias de BiciCoruña. Esta iniciativa municipal conta coa colaboración da Asociación Mobi-liza.

A xornada terá lugar o luns 19 de decembro, das 11.30 ás 13.30 horas, coincidindo coa posta en funcionamento da nova estación de BiciCoruña que se situará na avenida de Arteixo e que dará por concluídos os traballos de reurbanización da contorna.

Debido á alta demanda deste tipo de iniciativas formativas será preciso inscribirse a través dun formulario web. Tamén están habilitados para dúbidas ou consultas sobre esta formación o correo electrónico amobiliza@gmail.com e o teléfono 679 744 920. Mobi-liza organiza, ademais, outras tres xornadas de formación sobre BiciCoruña, idénticas entre elas, os días 19, 20 e 21 de decembro, das 19.00 ás 21.00 horas, no taller social Reciclos (avenida de Labañou, 10).

O obxectivo do Goberno de Inés Rey con estas iniciativas é fomentar o uso do sistema de alugueiro de bicicletas municipais e, deste xeito, apostar por unha mobilidade sostible na cidade. Ademais, tamén se busca instruír a cidadanía nas normas básicas de circulación neste tipo de vehículos.

Coa posta en funcionamento desta estación, e a próxima incorporación das situadas en Canceliña, Orillamar e Pablo Picaso, sumaríanse 32 puntos recollida de bicicletas ao longo da cidade. O servizo de BiciCoruña, renovado polo Goberno de Inés Rey este 2022, está tendo unha resposta da cidadanía moi positiva, e supera as expectativas de altas marcadas polo Concello.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión