Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
14 de xaneiro de 2021
Esta nova proposta de programación de teatro do IMCE ten novas medidas de seguridade sanitaria e novos criterios de adxudicación
No presente curso 2020/2021 e debido á incerteza xerada pola aparición da pandemia do coronavirus, realízase esta nova proposta da programación de teatro do IMCE para a primavera de 2021 para os centros escolares. Serán con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar, que se realizarán no Fórum Metropolitano, de forma segura ante a COVID-19.
Fronte á pandemia do coronavirus e co fin de garantir que o programa de teatro escolar se desenvolva en condicións óptimas de seguridade sanitaria, sen que perda a súa esencia e calidade, implantáronse (ademais das xa adoptadas durante o primeiro trimestre do cruso) novas medidas hixiénico-sanitarias:
Tamén novos criterios de adxudicación:
Inscrición para os centros
A través da Ficha de solicitude específica "Despacho de billetes de teatro do IMCE: Todo Público 2020-21": https://presme.coruna.es/coruna_educa_centros/imce/plazasLibres.php
En caso de que esquecese o seu contrasinal e necesite recuperalo ou darse de alta, pode solicitalo a través da opción "Esquecín o meu contrasinal", ou por correo electrónico a gestionim@edu.coruna.es desde a conta oficial do seu centro escolar ou chamando o/a responsable do centro ao teléfono 981 902 327.
AVISO: as inscricións realizadas no mes de setembro de 2020 para o espectáculo "Zapatos nuevos" (para Educación Infantil os días 18 e 19 de febreiro) non terán validez, debido á redución da capacidade, polo que os centros afectados deberán rexistrar de novo a súa inscrición.
12 de xaneiro de 2021
2 de xaneiro de 2021
30 de decembro de 2020
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible