Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de decembro de 2022

O vindeiro día 14, o Centro Sociocultural Ágora acollerá o espectáculo ‘Música de Nadal’, coa actuación das corais da cidade

A praza de María Pita acolle, ata mediados de decembro, o ciclo de Concertos de Nadal, con actuacións das corais da cidade

Os concertos, con asistencia de balde, continúan este xoves 8 en quenda dobre, coa Asociación Cultural de Persoas Invidentes e con Deficiencias Visuais e a Agrupación Musical Albéniz

O Concello da Coruña promove nestas festas de Nadal un ciclo de concertos das grandes corais da cidade que terán lugar na praza de María Pita ata o vindeiro día 18 e con asistencia de balde.

A programación de concertos, que comezou o pasado día 4, terá continuidade este xoves á tarde, en quenda dobre. Ás 18.00 horas abrirá a xornada a Asociación Cultural de Persoas Invidentes e con Deficiencias Visuais, seguida, xa ás 20.00 horas e como peche, da Agrupación Musical Albéniz.

O calendario de actuacións previstas na praza de María Pita é o seguinte:

  • 8 de decembro: Asociación Cultural de Persoas Invidentes e con Deficiencias Visuais (18.00 horas) e a Agrupación Musical Albéniz (20.00 horas).
  • 11 de decembro: Agrupación Musical Albéniz (18.00 horas) e o Orfeón Herculino (20.00 horas).
  • 17 de decembro: Asociación Cultural El Acorde Secreto (18.00 horas) e a Asociación Xogos Tonais (20.00 horas).
  • 18 de decembro: Coro Sancta María Maris (18.00 horas) e a Agrupación Polifónica Coruñesa Canticorum (20.00 horas).

A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor o calendario de actividades culturais previsto para este Nadal, que, baixo o lema de 'Un Nadal moi noso', remarca a aposta do Goberno municipal polo talento artístico e musical coruñés e galego.

Neste sentido, este luns 12 (20.00 horas), o Palacio da Ópera abrirá as súas portas á Gala do XXXI Certame de Música do Nadal Cidade da Coruña, coa participación das corais Sancta María Maris, Orfeón Herculino, El Acorde Secreto, Canticorum, Sporting Club Casino, a Coral da Sagrada Familia e a Coral Polifónica Follas Novas. O concerto será de acceso libre ata completar capacidade.

Ademais, o centro sociocultural Ágora acollerá, o vindeiro día 14 (17.00 horas), o espectáculo 'Música do Nadal', coas corais da cidade como protagonistas.

A programación cultural de Nadal

Por outra banda, e ademais das actuacións protagonizadas polas corais, a programación cultural de Nadal abrangue múltiples concertos e actuacións de recoñecidos artistas e agrupacións. Ata comezos de xaneiro, A Coruña vibrará coas actuacións de Carlos Núñez, no Teatro Colón, o día 16; coas actuacións que se levarán a cabo nos vindeiros días 17 e 18 de decembro polo 175º aniversario da fundación do Círculo de Artesáns da Coruña; co concerto de Nadal que ofrecerá a Orquestra Sinfónica de Galicia o día 21, no Palacio da Ópera; e tamén o concerto 'Pangea' da Orquestra Gaos, acompañada polo músico Abraham Cupeiro, que terá lugar no Teatro Colón, o día 22.

"Falamos de artistas e profesionais que forman parte do patrimonio da nosa cidade e de toda Galicia, da nosa música clásica, tradicional e moderna. Co seu talento, nestas datas, fan deste Nadal un Nadal máis noso", subliñou Inés Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión