Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de agosto de 2025

A praza Pablo Iglesias acolle este domingo unha xornada de actividades infantís e música dentro do mercado ecolóxico de barrio

Haberá xogos, obradoiros e un concerto infantil gratuíto con Félix Arias, nunha proposta dirixida ao público familiar

O domingo 24 de agosto, a praza Pablo Iglesias, no barrio do Castrillón, acollerá unha xornada de dinamización infantil e familiar dentro do circuíto de mercados ecolóxicos de barrio promovido polo Concello da Coruña.

Entre as 10:00 e as 15:00 horas, a veciñanza poderá desfrutar dunha mañá con xogos, obradoiros e música pensada especialmente para os máis pequenos e pequenas da casa.

Programación:

  • 10:00 a 15:00 h
    • Espazo de dinamización infantil
    • Stand dos desexos
  • 11:30 a 12:30 h
    • Obradoiro infantil de refugallo "Medusiñas"
      • Actividade de balde
      • Aforo limitado a 15 nenos/as
      • Inscricións no mercado desde as 10:00 h
  • 13:00 h
    • Concerto de Félix Arias: música peque-rechiña
      • Espectáculo recomendado para público de 0 a 4 anos

Esta proposta forma parte da aposta do Goberno de Inés Rey por achegar o comercio local, o consumo responsable e as actividades culturais aos barrios, favorecendo espazos de encontro veciñal e ocio saudable en familia.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión