Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de setembro de 2022

A REIM abre unha nova convocatoria para solicitar praza con 164 vacantes

O prazo de solicitude remata o xoves 15 ou ata que se esgote a existencia de prazas vacantes

Ábrese unha convocatoria para solicitar praza nas escolas con prazas vacantes. A adxudicación das mesmas está sometida aos criterios de baremación sinalados nas Bases Reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantis integradas na rede de escolas infantis municipais para o curso 2022-2023, publicadas no BOP nº 57 do 24 de marzo de 2022 e na resolución publicada no BOP nº 116  do 20 de xuño de 2022.

O prazo de solicitude remata o 15 de cada mes (no caso de existencia de prazas vacantes). As solicitudes que resulten adxudicatarias de praza poderan formalizar a matrícula previa cita fixada pola escola correspondente.

Prazas vacantes mes de setembro

AULAS                                                 (ANO NACEMENTO)

A CARACOLA

AGRA DO ORZÁN

ARELA

CARRICANTA

LOS ROSALES

LUIS SEOANE

MONTE ALTO

OS CATIVOS

TOTAL

Aulas 0-1                                         (2022)

10

7

8

2

7

3

3

10

49

Aulas 1-2                                              (2021)

0

5

1

0

16

14

0

16

52

Aulas 2-3                                              (2020)

0

15

11

8

0

7

5

16

62

Total de prazas vacantes: 163

PRAZO DE SOLICITUDE: DESDE O 1 ATA O 15 DE SETEMBRO

LUGAR DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

A documentación e a ficha de solicitude asinada polos dous proxenitores deberá presentarse, preferiblemente, no rexistro electrónico do Concello (https://sede.coruna.gob.es),  nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

Debido ás indicacións sanitarias a causa da pandemia do coronavirus, para acudir a calquera dos puntos de Rexistro e atención cidadá do Concello da Coruña é necesario solicitar cita previa (Cita Previa en coruna.gal)

Direccions:​

* Concello de A Coruña. Praza de María Pita, nº 1. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

* Rexistro Auxiliar A Franxa. Rúa da Franxa, nº 20. C.P. 15001, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

* Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1 C.P. 15006, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

* Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora s/n C.P. 15010, A Coruña. (Cita Previa (coruna.gal)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión