Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de agosto de 2020

A rúa Emilia Pardo Bazán será peonil desde mañá

O tráfico estará cortado no tramo que vai desde a praza Antonio Tenreiro até a praza de Vigo.

A Concellería de Mobilidade peonaliza a rúa Emilia Pardo Bazán, en concreto, o tramo que vai de da praza Antonio Tenreiro á praza de Vigo seguindo o modelo que se utilizou nas rúas Compostela, Alcalde Marchesi e Monte das Moas. A partir de mañá só poderán circular pola vía os vehículos destinados á carga e descarga (até as 11.00 horas) e as/os residentes que queiran acceder aos garaxes.

Co fin de avisar á veciñanza, o persoal traballador instalará bordos e macetas que impedirán o paso do tráfico rodado. A alcaldesa, Inés Rey, explicou que a intención do Goberno local é facer da Coruña un exemplo de sustentabilidade e que todos os barrios poidan gozar de espazos de convivencia.

Emilia Pardo Bazán será peonil até o 15 de setembro, pero desde a Concellería de Mobilidade non descartan que esta medida sexa definitiva e que a rúa se una a outras peonalizacións dentro do plan CoruñaCamiña. Con todo, a decisión non se adoptará sen consultalo coa veciñanza do barrio e presentar un plan que incluiría máis melloras.

Esta actuación responde a unha petición das e dos hostaleiros da zona que solicitaron ao  concello que se cortase o tráfico e se ampliase o espazo para as peoas e os peóns sempre co compromiso de que se garantan as medidas sanitarias e de seguridade fronte á COVID 19, tal e como se fixo noutras zonas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión