Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de outubro de 2026

A rúa Mantelería abre ao tránsito tras finalizar o Concello as obras de humanización

O proxecto supón a implantación dun modelo de plataforma única para dotar de máis espazo para os peóns e mellorar a accesibilidade da contorna, ademais de actuacións de modernización das redes pluviais, de saneamento e das telecomunicacións

O Concello ven de finalizar as obras de renovación e mellora da rúa Mantelería, na Pescaría, dando continuidade á configuración xa existente no tramo máis próximo á rúa da Estrela e mellorando tanto o espazo público como as infraestruturas soterradas.

A intervención supuxo un investimento de case 180.000 euros, e os traballos incluíron a renovación dos servizos e instalacións existentes no subsolo, con actuacións nas redes de saneamento e pluviais e nas canalizacións municipais e de telecomunicacións.

"Existía unha demanda veciñal para mudar a estética desta rúa, que pasa a contar tamén con enlousado de granito e plataforma única. A rúa estivo pechada ou parcialmente pechada durante os meses que duraron as obras, mais desde esta semana quexa aberta ao tránsito", apuntou a alcaldesa, Inés Rey.

En superficie, a renovación permitiu continuar a sección do tramo xa acondicionado mediante a execución dunha plataforma única con pavimento de lousas de granito, eliminando a diferenza de cota entre calzada e beirarrúas. Desta forma, deuse continuidade á solución existente na contorna, mellorando a accesibilidade e a mobilidade peonil en Mantelería.

Ademais, aproveitouse a renovación de pavimentos para levar a cabo tamén a unha modernización das redes de servizos, reducindo a necesidade de realizar futuras intervencións sobre unha superficie recentemente acondicionada.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión