Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de xullo de 2020

A rúa Victoria Fernández España estreará en novembro novo mobiliario e espazos cohesionados con máis protagonismo para as e os peóns

A reforma da vía de Zalaeta, sufragada con máis de 215.000 euros, incluirá a instalación dunha escultura que lle dedica o Club de Leones La Coruña Decano a Isabel Zendal

As obras da rúa Victoria Fernández España avanzan de cara a ofrecer unha mellora da mobilidade peonil e unha plataforma única cohesionada con novos equipamentos públicos. A alcaldesa, Inés Rey, destaca a importancia de pór en valor unha zona para lle dar máis protagonismo ás e aos peóns.

Desde a Concellería de Urbanismo sinalan que a actuación, adxudicada á empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino, S.L., estará rematada sobre o mes de novembro cun orzamento de 215.062,98 euros, do que o 80% estará financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2010. Deste xeito, demoleranse parte dos pavimentos actuais, reutilizando unha gran parte, sobre todo, os que corresponden á calzada de formigón. Na zona de encontro coa rúa Hospital, manterase unha gran superficie pavimentada para transitala a pé e realizarase un novo chan de soleiras de formigón con tratamento superficial.

Mediante a alteración de formas e tamaños marcaranse os percorridos das persoas viandantes. No caso das soleiras de formigón e os espazos de lastro serán enmarcados por lastros de granito que resolverán os encontros cos bordos, a recollida de auga e os desaxustes topográficos. Ademais, executaranse novos elementos de saneamento, pozos de rexistro e unha liña de sumidoiros.

Nestes meses procederase ao soterramento e retranqueo da rede de baixa tensión pertencente a Unión Fenosa Distribución, así como a recolocación do cadro de telecomunicacións fronte ao I.E.S. Menéndez Pidal. Outra das novidades atenderá á instalación de novos puntos de iluminación na área superior sobre columnas de cinco metros e de céspede na parte central.

Por outro lado, conservaranse as árbores existentes como son os plataneiros, as moreiras e os magnolios. Canto ao mobiliario, instalaranse bancos e papeleiras así como un banco lineal de madeira. Ademais, a rehabilitación da rúa incluirá a instalación dunha escultura que lle dedica o Club de Leones La Coruña Decano á enfermeira Isabel Zendal e que recordará o fito histórico que protagonizou a coruñesa á cabeza da expedición Balmis.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión