Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de abril de 2022

A sexta mellor 10K de España, xa en vídeo

Se gozaches coa galería de fotos da décimo sexta edición da Coruña10, agora podes darlle ao play para repasar a espectacular proba do pasado domingo 24 de abril

Coruña10 estreou circuíto na súa décimo sexta edición, o pasado domingo 24 de abril, e a cidade mostrou as súas dúas caras atlánticas, cada cal máis fermosa, nunha mañá perfecta para correr polo asfalto herculino, para retarse a un/unha mesmo/a xa fose buscando mellorar marcas ou, simplemente, darse o gustazo de completar os 10 quilómetros da sexta mellor carreira desa distancia en España (segundo a Real Federación Española de Atletismo).

O domingo foi o día da exhibición, o martes tiveches ao alcance a ampla galería de fotos do evento, e hoxe xa podes acceder tamén ao vídeo dunha xornada inesquecible.

Máis de 2.300 persoas gozaron da sensación de correr co Atlántico aos seus pés e agora todos temos a posibilidade de revivir Coruña10 con só darlle ao play.

Emociónate coas imaxes e empeza a pensar no seguinte reto: Coruña Corre -tes dúas probas en maio-?, Coruña42 ou a súa 10K paralela -2 de outubro-? Ti decides! Porque, "se che presta, A Coruña tamén".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión